martes, 18 de mayo de 2010

miércoles, 12 de mayo de 2010

I Festa da Lingua




Hoxe mércores pola mañá tivo lugar a I Festa da Lingua en Sada, na que participaron alumnos dos diferentes centros públicos de Sada: Mondego, Mosteirón, Sada e Contornos e IES Isaac Díaz Pardo, coa colaboración do concello. Reunímonos todos diante da Casa da Cultura. Os alumnos e alumnas de cada centro portaban pancartas a favor do galego que foron levadas á Axudantía de Marina, ao Concello á Casa da Cultura onde tivo lugar un acto no que alumnos e alumnas recitaron poemas de Uxío Novoneyra. O acto estivo conducido pola actriz galega Isabel Risco. O acompañamento musical puxéronno o grupo de gaiteiros Noitebra composto por alumnos e ex-alumnos do Ies Díaz Pardo. A experiencia foi todo un éxito e pensamos repetir para o vindeiro curso.