martes, 15 de junio de 2010


Os Celtics, a un triunfo do seu decimoctavo título

O equipo de Boston gañou 92-86 ós Lakers no quinto partido das finais da NBA.
A mellor dinastía do baloncesto profesional estadounidense, os Celtics de Boston, colocouse a só un triunfo de acadar o seu decimoctavo título despois de gañar 92-86 ós Lakers no quinto partido das Finais da NBA.
A victoria puxo aos Celtics coa ventaxa de 3-2 na serie ao mellor de sete e o sexto partido disputarase o próximo martes no Staples Center dos Ángeles.

O alero Paul Pierce converteuse no gran heroe dos Celtics a liderar ó equipo con 27 puntos, incluídos 15 na primeira parte, ademais de protagonizar as xogadas decisivas no derradeiro minuto cando lle roubou un balón no rebote a Bryant con 38 segundos e lle deu un pase milagroso a Rajon Rondo para sentenciarse (89-82).

O alero Kevin Garnett cun dobre-dobre de 18 puntos, 10 rebotes, cinco roubos de balón, tres asistencias e dous tapóns, ganoulle por primeira vez o duelo individual ó ala-pívot español Pau Gasol para ser tamén decisivo no triunfo dos Celtics.

Rondo, con 18 puntos e oito asistencias e cinco rebotes, ía convertirse na figura que dominou o xogo de equipo dos Celtics, anque a súa mancha foi a perda de sete balóns.

Mentras que o escolta Ray Allen con 12 puntos completou a lista dos catro titulares dos Celtics que lograron dobres díxitos e esta vez sí aportaron todos en conxunto para darlle ao equipo un 56 por cento de acerto nos tiros de campo y o 69 (9-13) dende a liña de persoal.

Desta volta o banquillo non foi necesario para ls Celtics que dende o comezo do partido foron sempre por diante no marcador e no terceiro periodo chegaron a ter 13 tantos de vantaxe (71-58).

Sen embargo, os Lakers, con Bryant e Gasol como únicos xogadores que responderon no ataque, con menos dun minuto para o final puxéronse a só cinco tantos (87-82) e con 43 segundos o alero Ron Artest, a gran decepción ata agora nas Finais xunto co alero Lamar Odom, fallou dous tiros de persoal.

A pelota do segundo erro de Artest foi capturada en principio por Bryant, pero Pierce surxiu para quitarlla das mans e forzar a asistencia milagrosa a Rondo, que ía a deixar aos Lakers ás portas da eliminación.

Esta vez Bryant reivindicou de novo a súa condición de líder indiscutible dos Lakers ao conseguir 38 puntos (13-27, 4-10, 8-9), incluídos 28 na segunda parte, mais non foron suficiente do mesmo xeito que os cinco rebotes e catro asistencias que aportou.

Mais por primeira vez no que vai de Finais notóuselle «frustrado» e confirmou a «infelicidade» da que falou antes do partido, ademais de perder o control nos derradeiros segundos con lanzamentos desesperados de tres puntos que non entraron.

O resto do equipo, coa excepción de Gasol, que logrou un dobre-dobre de 12 puntos (5-12, 0-0, 2-3), 12 rebotes e dous robos, nos 38 minutos que xogou, estiveron ausentes e sen darlle a axuda que as dúas estrelas do equipo necesitaban para gañar o partido.

O pívot Andrew Bynum, anque xogou 32 minutos, non pudo ser o factor gañador para os Lakers ao quedarse con seis puntos (3-6, 0-0, 0-1) e só un rebote, confirmando que non pode apoyarse forte na rodilla dereita, que ten lesionada cunha escordadura de menisco.

Bynum pudo xogar despois de que o venres os doctores lle sacaran líquido do xeonllo para que lle baixase a inflamación e poidese xogar o quinto partido, pero non foi suficiente.

Odom, como sexto xogador, mantívose na mesma tónica de non romper co seu mellor xogo e os oito puntos e oito rebotes tampouco foron factor gañador.

Como equipo, os Lakers quedáronse con só un 40 por cento de acerto nos tiros de campo, o 37 (7-19) de triples e o 65 (17-26) dende a liña de persoal, ambos porcentaxes e oportunidades de tiros libres foron os que ao final os mantiveron no partido.

Os árbitros permitiron aos Lakers facer 26 lanzamentos dende a liña de persoal, incluídos dous por faltas técnicas a Rondo e Allen, dos Celtics, mentres que o equipo de Boston só o fixo 13 veces, a metade.

Sen embargo, os Celtics confirmaron dende o comezo do partido, con racha de 8-0, que chegaban para conseguir a victoria e só as perdas de balón, nove por catro dos Lakers, lles impediu irse ao descanso cunha vantaxe maior que só seis puntos (45-39).

Pierce xa se convertera no gran líder do equipo en todos os apartados, incluído o encestador, con 15 puntos, mentres que Rondo era o cerebro que agrutinaba todo o xogo de conxunto e ademais aportaba 10 tantos con tres asistencias e tres rebotes.

Garnett realizaba unha gran labor individual ao conseguir oito puntos, con sete rebotes, dous asistencias e dous recuperacións de balón por tan só dous tantos e cinco capturas de balón baixo os aros do seu marcador, Gasol.

Os 10 puntos de Bryant (4-12, 1-3, 1-1) deixárono como o máximo encestador dos campeones de liga, pero en ningún momento como o líder que o equipo necesitaba para non irse ao descanso abaixo no marcador.

A loita baixo os aros tamén foi para os Celtics ao conseguir 20 rebotes por 16 dos Lakers que só foron mellores nos triples (4 de 8) por 1-4 do equipo de Boston, que anotou 2-2 dende a liña de persoal, mentres que os campeóns de liga lograron 7 de 9, sendo os dous apartados seus salvadores.

Desta forma, os Celtics convertéronse no primeiro equipo en gañar dous partidos consecutivos na serie, e se os Lakers non poden facer o mesmo no seu campo do Staples Center, Boston tería marca de 10-2 contra os actuais campeóns dende as Finais de 1959, cando eran Minneapolis Lakers e os barreron 4-0.

Carlota Bao Meizoso
1º A Bach.




lunes, 14 de junio de 2010

II Certame foto-literario "Manolo Crisanto"


Por segundo ano consecutivo celebramos o concurso de fotografía que leva o nome de Manolo Sánchez, "Crisanto", quen foi profesor de Física e Química no noso instituto e vai xa para dez anos que faleceu. A temática do concurso xiraba esta vez sobre "As Brañas de Sada". As fotos presentadas debían ir acompañadas duns versos de Uxío Novoneyra, como título. Velaquí as tedes, para que vexades a grande creatividade dos participantes.

CONCURSO FOTOGRÁFICO MANOLO CRISANTO


No último concurso de fotografía celebrado no instituto no mes de xuño, o primeiro premio foi para Camino Lamas Monje (1º Bach A) , o segundo levouno un compañeiro da nosa clase (1ºBach B), Andrés Varela.

Antón Sánchez, fillo de Manolo do Crisanto, entregou os premios aos seus respectivos gañadores e contounos anécdotas sobre o seu pai, quen foi profesor de Física e Química neste instituto e por iso o concurso leva o seu nome.

miércoles, 9 de junio de 2010

chega o verán

O verán é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.

E VAI CHEGAR :)


Paula Potrony Pardo
1ºA bach.