
miércoles, 31 de marzo de 2010
miércoles, 3 de marzo de 2010
Pedro Ramos e a saga Crepúsculo.

domingo, 21 de febrero de 2010
A esmorga.


A esmorga é un libro escrito por Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897 – Vigo 1979).
A obra foi publicada no ano 1959. Nela, o autor, cóntanos unha historia que lle contara o seu tío e que sucedera cando só tiña 5 anos, polo que é unha historia de comezos do século XX . “Esmorga” é unha palabra galega moi enxebre e que significa algo así como troula, festa.
Toda a obra está ambientada nesa época e conta a historia de tres mozos(Cibrán, o Bocas e o Milhomes) que pasan unha noite de troula con graves consecuencias. A historia é contada por un deles, Cibrán, que a través do recurso do fío telefónico ( Cibrán fala con alguén que o está a interrogar pero os lectores non sabemos as respostas do receptor) nos narra como sucederon os acontecementos.
É así pois un drama cheo de recursos cómicos, pois ás historias graciosas que lles ocorren, hai que engadir o vocabulario vulgar que chegan a empregar os personaxes, co que o autor consegue facernos escachar de risa.
No noso clube, as principias conclusións que tiramos todos son que, por unha parte, é un libro entretido é fácil en canto á trama, pero un pouco complicado en canto á linguaxe que utiliza, pois é unha variante dialectal propia da cidade onde está ambientado, en Auria (Ourense).
Outro aspecto que merece ser mencionado é o feito de que nesta obra Blanco Amor danos unha visión distinta da sociedade, pois a través dela fai unha forte crítica á misma argumentándose nas diferencias existentes entre as clases sociais e facendo unha forte crítica á falla de comunicación que había coa xustiza, dado que os xuíces eran foráneos e non entendían o galego.
En conclusión, invítovos a todos a que vos anímedes a ler esta obra, que é un hito da literatura galega.
Unha aperta, vémonos de esmorga.
sábado, 20 de febrero de 2010
Colaboracións Solidarias.
Todo este gran proxecto musical está dirixido por Lionel Richie (que xa cantara na canción orixinal con Michael Jackson). No videoclip da canción que vos amosamos baixo este artigo aparecen numerosos artistas da talla de Celine Dion ou Janet Jackson mezclados con novas promesas (algunas da factoría Disney) como Justin Bieber, quen é o encargado de abrir a canción, Miley Cyrus ou os Jonas Brothers. Tamén aparecen cantantes do panorama musical actual que están arrasando por todo o mundo como membros de Black Eyed Peas, Jennifer Hudson, Adam Levine (vocalista de Maroon 5)… O encargado de tocar a guitarra nesta canción é nin mais nin menos que o gran Carlos Santana.
Xa se pode descargar a canción en iTunes así que esperamos que vos concienciedes da situación de Haití e que lle votedes un vistazo a este gran traballo musical, esperamos que vos guste.
E como é case imposíbel enumerar a todos os artistas que participan, aquí vos deixamos algúns dos nomes máis coñecidos: Nicole Scherzinger, Justin Bieber, Jennifer Hudson, Lionel Richie, Celine Dion, Pink, Mary.J.Blige, Enrique Iglesias, T-Pain, Akon, Usher, Miley Cyrus, Kid Cudi, Will.I.Am, Lil Wayne, Kanye West, Drake, Jennifer Nettles, Barbra Streisand, Fergie...
Disfrutádeo!
miércoles, 17 de febrero de 2010
viernes, 12 de febrero de 2010
ENTROIDO NO INSTITUTO IES DIAZ PARDO DE SADA
.jpg)
O venres 8 de febreiro do 2010 celebrouse no Instituto Diaz Pardo de Sada a tradicional festa de entroido.¡¡Entroido!!
Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.

A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.
O porco é o rei da festa. O Entroido é a primeira festa popular que se celebra despois da matanza, que ten lugar a finais de decembro ou principios de xaneiro. Nestas datas cómese a cachucha, cachola, cacheira, cachela ou cachaza, que é a cabeza do porco, cocida con grelos, patacas, chourizos, rabo; o lacón con grelos; o cocido, con carne de porco, chourizos, touciño, galiña ou polo, carne de vaca, unto, repolo e fabas ou garavanzos. Nalgunhas zonas preparan o botelo ou a androlla, embutidos feitos co intestino groso do porco.
Os doces de Entroido máis característicos e estendidos son as filloas e as orellas. Tamén son deste tempo a bica, as flores e as follas de limón.
Beatriz Simó e Yolanda Fernández 4ºB
domingo, 31 de enero de 2010
MANGA
Fóra de Xapón, utilizase exclusivamente para referirse aos cómics deste país. Traducese, literalmente, «dibuxos caprichosos» ou «garabatos». Ao profesional que escribe ou dibuxa mangas se lle coñece como mangaka.
Hoxe en día, o manga é a tradición
Os xaponeses chaman tamén ó manga «imáxes insignificantes», pois compran ao ano mais de mil millóns de volúmenes en branco e negro, impresos en papel barato. Lénnos en todas partes: nos trens de cercanías, nas salas de espera e nos parques. Cada semana edítanse novas entregas, ao mais puro estilo do folletín, protagonizadas por heroes que teñen aventuras que seducen aos lectores durante anos.
A diferencia das outras dúas grandes escolas da historieta (a franco-belga e a estadounidense), no manga as viñetas e páxinas lense de dereita a esquerda, igual que na escritura tradicional xaponesa. O máis popular e recoñecido estilo de manga ten tamén outras características distintivas, moitas delas por influencia de Osamu Tezuka, considerado o pai do manga moderno.
O manga nace da combinación de dúas tradicións: a arte gráfica xaponesa e a historieta occidental.
A influencia do manga é moi destacable na industria de historietas orixinal de case todos os países do Extremo Oriente e Indonesia. A día de hoxe o manga tamén consolidouse na sociedade occidental debido ao éxito colleitado durante as décadas pasadas, deixando de ser algo exclusivo dun país para constituirse nun fenómeno comercial e cultural global, en competencia directa coa hexemonía narrativa estadounidense e europea.
En España, e no resto de Europa de feito estáse desenvolvendo actualmente a marchas forzadas os «mangakas» españoles, editoriais extranxeiras están buscando a mangakas españois para a publicación de mangas nos respectivos países.
Sen embargo, o máis importante de todo é que grazas á irrupción do manga en Occidente, a poboación xuvenil destas rexións volveu a interesarse masivamente pola historieta como medio, algo que non sucedía dende a implantación doutras formas de ocio como a TV.
É habitual que os aficionados ao manga, en lugar de usar clasificacións por xénero, clasifiquen as historietas en función do segmento de poboación ao que se dirixen. Para iso usan términos xaponeses como os siguientes:
• Kodomo manga, dirixido a nenos/as pequenos/as;
• Shōnen manga, a rapaces adolescentes;
• Shōjo manga, a rapazas adolescentes;
• Seinen manga, a homes xóvenes e adultos.
• Josei manga, a mulleres xóvenes e adultas.
A clasificación dos mangas por xénero volvese moi difícil, dada a riqueza da produción do Xapón, nun intervalo de xéneros que poden ter múltiples e tamén sufrir mutacións ao longo do tempo. De aí que a clasificación por segmentos da poboación sexa moito máis frecuente. O afeizoado ao manga usa, non entanto, algúns termos xaponeses permitindo a cita de algúns dos subxéneros non-específicos do xénero, e eles non teñen equivalente en castelán. Estes son:
• Mahō Shōjo: Nenas ou mozas que teñen algún obxeto máxico ou poder especial.
• Yuri: Historia de amor entre rapazas.
• Yaoi: Historia de amor entre rapaces.
• Harem: Grupo feminino, pero con algún rapaz como co-protagonista.
• Sentai o Super Sentai: A acción repartese entre 3-5 protagonistas.
• Mecha: Robots xigantes, tripulados por humanos.
• Hentai: Pornografía.
• Ecchi: De corte humorístico con contido erótico.
• Jidaimono: Ambientado no Xapón feudal.
Por: Andrea Ramos Rios 1º Bach B
sábado, 30 de enero de 2010
INSTITUTO IES DIAZ PARDO DE SADA, NOVO BLOG
Deixa que canten, así se chama o novo espacio que temos os alumnos do instituto para expresar a nosa creatividade; as fotos, as poesias, os debuxos, os experimentos artísticos, neste blogue cabemos todos expresandonos con libertade e respeto. ¡que as nosas creacions non queden no anonimato!Non e necesario que teñas unha "obra mestra insuperable", so é importante que queras compartilo con humor e amistade. Contacta con calquera dos redactores deste blogue ou coa profesora coordinadora e publica o teu traballo.
Na columna da dereita tes un enlace a iste novo blogue,
martes, 26 de enero de 2010
Nerea Vales, redactora de Instituto de Sada en Galego
lunes, 25 de enero de 2010
Mobilización masiva a favor do galego

sábado, 23 de enero de 2010
A vida é dura, a vida é corta, a vida é dolorosa... "PRECIOUS"

Life is hard, life is short, life is painful, life is rich, life is "Precious".
Unha película que te estremecerá, unha película que che farai chorar.
Oprah Winfrey e Tyler Perry presentan PRECIOUS, unha película basada na novela "Push" de Sapphire e dirixida por Lee Daniels. Deixovos o trailer con audio en Versión Orixinal (Inglés), xa que é como mellor se nota a esencia da peli, eso sí, con subtitulos en español (non os había en galego).
Sen máis preámbulos, deixo que disfrutedes, e espero que non vos perdades esta estupenda película. Próximamente nos cines.
A terra castiga a Haití
O pasado martes día 12 de xaneiro, un terremoto de 7 grados na escala Richter asolou Haití. Esta catástrofe medioambiental foi coma una bomba atómica para este país, dado que é a maior catástrofe á que se enfrentou nunca. E isto xa é moito decir para Haití, o país máis pobre e desafortunado do hemisferio occidental, que só nos seus primeros cen anos tivo 70 dictadores, e está azoutado continuamente por brotes de violencia e un furacán detrás de outro -tres nun mes en 2008-. Está chovendo sobre mollado e vai ser moi difícil conseguir a total recuperación porque o terremoto pegou no sitio de maior concentración humana e no peor momento posible.
Milleiros de voluntarios procedentes de toda-las partes do mundo intentan axudar á poboación, que se atopa deambulando polas rúas e chorando de desesperación, e a atopar os corpos sepultados baixo os escombros. A ONU ten desplegada una misión de asistencia que conta con preto de 6.700 militares procedentes de 17 países e xa participou no socorro ás víctimas dos furacáns que afectaron a Haití en 2004 e 2008.
O secretario xeral da ONU Ban Ki-moon advirtiu que o país encóntrase nunha delicada encrucillada entre a salvación e a oscuridade. Agora a naturaleza encargouse de pavimentar o camiño do sufrimento.
Debemos concienciarnos de que hai que axudar a países que, coma Haití, encóntranse nunha situación tan desastrosa antes de que estén moito máis sumidos na pobreza e na desesperación.
O máis importante que debemos aprender de todo isto é que cando a natureza enfurece ou reclama o seu lugar entre nos non hai volta atrás.
miércoles, 13 de enero de 2010
martes, 22 de diciembre de 2009
IES Diaz Pardo desexa Bo Nadal!

E por fin chegou o 22 de decembro! Si, o día en que nos deron as notas, o día en que por fin imos poder descansar un pouco, aínda que non sexa moito! Espero que vos gustara todas as actividades que ao longo de toda a mañá se foron facendo, tanto a película, os partidos e logo as actuacións e demais en usos múltiples. A min, particularmente, a película gustoume moito aínda que non puiden ver o final, a ver si o podo ver no nestas vacacións, e logo xa vos contarei!
Así que nada, desexarvos desde aquí un bo Nadal, espero que disfrutedes moito das vacacións e a ver se vimos todos con ganas de traballar á volta das vacacións!
Un bico moi grande
jueves, 17 de diciembre de 2009
O Instituto de Sada desexa Bo Nadal!!
miércoles, 16 de diciembre de 2009
spanish movie

SPANISH MOVIE é a primeira película española que parodia os últimos grandes éxitos de nostra cinematografía, utilizando como modelo de inspiración películas como "El Orfanato", "Los Otros", "Volver", "Alatriste" ou "El Laberinto del Fauno". Tamén facilitaron un material fabuloso e altamente parodiable; títulos como "Los Lunes al Sol", "Abre los Ojos" y "Rec". Un homenaxe en tono de comedia ós mellores títulos do cine español.
Grandes dosis de humor, inxeniosos guiños ó noso cine máis recente, un elenco artístico altamente ligado á comedia e unha elevada reserva de sorpresas constituyen os ingredientes desta disparatada comedia: Spanish Movie.
Protagonizada por Alexandra Jiménez ("Los Serrano"), Carlos Areces ("Muchachada Nui"), Silvia Abril (El Terrat), Joaquín Reyes ("Muchachada Nui", "Camera Café"), Eduardo Gómez ("La que se avecina") e Michelle Jenner ("Los hombres de Paco"), entre outros, e coa participación estelar do mítico actor de comedia Leslie Nielsen.
Barack Obama recibe o Nobel da Paz

Un chisco de R&B, Soul: Ne-Yo

Shaffer Chimere Smith é un cantante de R&B e compositor de cancións. É máis coñecido polo nome de Ne-Yo. Actualmente pertence a Def Jam Records. Recibiu moito éxito tras coescribir o tema “Let me love you” de Mario, todo un éxito a finais de 2004 e comezos de 2005. Comezou a súa propia carreira profesional en 2005 co seu álbum debut “In my own words”, lanzado a principios do 2006 e debutando primeiro en Billboard 200. Durante ese período, o segundo single do disco, “So sick”, alcanzou o posto máis alto de Billboard Hot 100. O seu segundo disco foi titulado “Because of you” con máis influencia Soul que con R&B. O 16 de setembro do ano pasado publicou o seu terceiro disco chamado “Year of the gentleman”, cuxo primeiro single se chama “Closer”. Nese mesmo ano, Ne-Yo, realizou para o novo disco de reencontro do grupo xuvenil de finais dos 80s “New kids on the block”, unha canción chamada “Single”, a cal se posicionou rapidamente na lista Billboard nese mesmo ano.
Para escoitar: unha das súas mellores cancións, Mad: http://www.youtube.com/watch?v=6tz2yvhjScc

