domingo, 21 de febrero de 2010

A esmorga.






Este pasado venres 19, os alumnos de 2ºC de Bachalerato fixemos un pequeno clube de lectura no que cadaquén expuxo as súas impresións e conclusións acerca do libro que leramos, “ A esmorga”.
A esmorga é un libro escrito por Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897 – Vigo 1979).
A obra foi publicada no ano 1959. Nela, o autor, cóntanos unha historia que lle contara o seu tío e que sucedera cando só tiña 5 anos, polo que é unha historia de comezos do século XX . “Esmorga” é unha palabra galega moi enxebre e que significa algo así como troula, festa.
Toda a obra está ambientada nesa época e conta a historia de tres mozos(Cibrán, o Bocas e o Milhomes) que pasan unha noite de troula con graves consecuencias. A historia é contada por un deles, Cibrán, que a través do recurso do fío telefónico ( Cibrán fala con alguén que o está a interrogar pero os lectores non sabemos as respostas do receptor) nos narra como sucederon os acontecementos.
É así pois un drama cheo de recursos cómicos, pois ás historias graciosas que lles ocorren, hai que engadir o vocabulario vulgar que chegan a empregar os personaxes, co que o autor consegue facernos escachar de risa.

No noso clube, as principias conclusións que tiramos todos son que, por unha parte, é un libro entretido é fácil en canto á trama, pero un pouco complicado en canto á linguaxe que utiliza, pois é unha variante dialectal propia da cidade onde está ambientado, en Auria (Ourense).
Outro aspecto que merece ser mencionado é o feito de que nesta obra Blanco Amor danos unha visión distinta da sociedade, pois a través dela fai unha forte crítica á misma argumentándose nas diferencias existentes entre as clases sociais e facendo unha forte crítica á falla de comunicación que había coa xustiza, dado que os xuíces eran foráneos e non entendían o galego.

En conclusión, invítovos a todos a que vos anímedes a ler esta obra, que é un hito da literatura galega.

Unha aperta, vémonos de esmorga.

sábado, 20 de febrero de 2010

Colaboracións Solidarias.

Durante este mes estanse preparando moitos actos para recaudar fondos para axudar a Haití. Nestas recaudacións participan personas de todo tipo: voluntarios, personalidades da realeza, cantantes, actores e actrices… Destes proxectos cabe destacar “25 For Haiti”. Consiste na grabación dunha canción con numerosos cantantes e músicos, algún moi coñecidos e que xa levan moitos anos no mundo da música e outros das novas xeracións. A canción grabada para esta ocasión é una versión do We Are The World de Michael Jackson, quen xa a grabara no seu momento para recaudar fondos para una causa solidaria.
Todo este gran proxecto musical está dirixido por Lionel Richie (que xa cantara na canción orixinal con Michael Jackson). No videoclip da canción que vos amosamos baixo este artigo aparecen numerosos artistas da talla de Celine Dion ou Janet Jackson mezclados con novas promesas (algunas da factoría Disney) como Justin Bieber, quen é o encargado de abrir a canción, Miley Cyrus ou os Jonas Brothers. Tamén aparecen cantantes do panorama musical actual que están arrasando por todo o mundo como membros de Black Eyed Peas, Jennifer Hudson, Adam Levine (vocalista de Maroon 5)… O encargado de tocar a guitarra nesta canción é nin mais nin menos que o gran Carlos Santana.

Xa se pode descargar a canción en iTunes así que esperamos que vos concienciedes da situación de Haití e que lle votedes un vistazo a este gran traballo musical, esperamos que vos guste.

E como é case imposíbel enumerar a todos os artistas que participan, aquí vos deixamos algúns dos nomes máis coñecidos: Nicole Scherzinger, Justin Bieber, Jennifer Hudson, Lionel Richie, Celine Dion, Pink, Mary.J.Blige, Enrique Iglesias, T-Pain, Akon, Usher, Miley Cyrus, Kid Cudi, Will.I.Am, Lil Wayne, Kanye West, Drake, Jennifer Nettles, Barbra Streisand, Fergie...

Disfrutádeo!


miércoles, 17 de febrero de 2010

Festival de entroido

Velaquí o album de fotos do festival de Entroido que tivo lugar o Venres 12 de febreiro

viernes, 12 de febrero de 2010

ENTROIDO NO INSTITUTO IES DIAZ PARDO DE SADA

instituto ies diaz pardo sada
instituto+ies+diaz+pardo+sadaO venres 8 de febreiro do 2010 celebrouse no Instituto Diaz Pardo de Sada a tradicional festa de entroido.
O xurado composto polos profesores Dna Ofelia Prieto e Dna Chus Quintanilla, o conserxe Don Xoan Maceiras e os alumnos de segundo de bacaharelato Dna Ruth Barral e Don Fran Rivera, concederon o primeiro premio á comparsa "Os animais da granxa" composta por: Melody Rodríguez, Bárbara Maceiras, Iria Rodríguez, Alba Arriba, Virginia e Antonio Valdunciel e Carlota Barcia.
O segundo premio foi para a comparsa "Hanna Montana" composta por Evelyn Vázquez, Viviana Vázquez, Marcos Mesías e Alejandra Piot.
Unha chea de parabéns para eles e bo antroido para todos.




¡¡Entroido!!

O entroido ou antroido é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.



A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.


O porco é o rei da festa. O Entroido é a primeira festa popular que se celebra despois da matanza, que ten lugar a finais de decembro ou principios de xaneiro. Nestas datas cómese a cachucha, cachola, cacheira, cachela ou cachaza, que é a cabeza do porco, cocida con grelos, patacas, chourizos, rabo; o lacón con grelos; o cocido, con carne de porco, chourizos, touciño, galiña ou polo, carne de vaca, unto, repolo e fabas ou garavanzos. Nalgunhas zonas preparan o botelo ou a androlla, embutidos feitos co intestino groso do porco.

Os doces de Entroido máis característicos e estendidos son as filloas e as orellas. Tamén son deste tempo a bica, as flores e as follas de limón.


Beatriz Simó e Yolanda Fernández 4ºB