viernes, 12 de febrero de 2010

¡¡Entroido!!

O entroido ou antroido é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.



A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.


O porco é o rei da festa. O Entroido é a primeira festa popular que se celebra despois da matanza, que ten lugar a finais de decembro ou principios de xaneiro. Nestas datas cómese a cachucha, cachola, cacheira, cachela ou cachaza, que é a cabeza do porco, cocida con grelos, patacas, chourizos, rabo; o lacón con grelos; o cocido, con carne de porco, chourizos, touciño, galiña ou polo, carne de vaca, unto, repolo e fabas ou garavanzos. Nalgunhas zonas preparan o botelo ou a androlla, embutidos feitos co intestino groso do porco.

Os doces de Entroido máis característicos e estendidos son as filloas e as orellas. Tamén son deste tempo a bica, as flores e as follas de limón.


Beatriz Simó e Yolanda Fernández 4ºB

1 comentario:

  1. ola!!!! guatame moito o voso comentario esta moi ben por falar da nossa cultura.



    un saudo e moitos bicos
    xisela 4ºc

    ResponderEliminar