miércoles, 3 de marzo de 2010

Pedro Ramos e a saga Crepúsculo.


O pasado xoves 25 de Febreiro, compañeiros 4º da E.S.O e de 1º de Bacharelato reunímonos pola tarde na biblioteca do instituto para coñecer ao guionista e escritor Pedro Ramos para falar da saga Crepúsculo e deste tipo de literatura.
O noso convidado é o autor da novela “Masculino Singular” e tamén é guionista de series como “As leis de Celavella” ou “Libro de familia”. Pareceunos unha persoa moi simpática e que coñecía moi ben o tema que íamos tratar. Pasámolo moi ben con él e esperamos que volva pronto a facernos una visita.
Ao longo da hora que pasamos na biblioteca falamos de este fenómeno mundial que fai tolear a millóns de adolescentes. O primeiro que fixemos foi intentar convencer á nosa directora, que estaba no club connosco, de que leera os libros da saga. Custounos un pouco pero penso que ao final convencímola aínda que fora so un pouquiño.
Outro tema que tocamos nesta interesante conversa foi , por exemplo, se as adaptacións cinematográficas eran tan boas coma os libros e establecimos diferenzas entre eles. Tamén discutimos sobre o que nos parecían os actores en relación a como os imaxinamos cando léramos os libros, dimos as nosas opinión sobre que libro da saga era o mellor e os nosos diferentes puntos de vista, o que resultou bastante interesante porque coñecimos diferentes interpretacións da obra.
Tamén descubrimos algúns detalles que descoñecíamos e que o noso convidado, Pedro Ramos, axudounos a comprender, como por exemplo o significado do apelido da protagonista ou o que se quería expresar nas portadas dos libros.
Sacamos moitas conclusións deste club de lectura e saímos moi satisfeitos por poder dar as nosas opinión e coñecer ás dos demais. Esperamos que este artigo vos anime a acompañarnos no seguinte que fagamos!
Anaís, Iago e Nerea. 1º Bach.B

No hay comentarios:

Publicar un comentario