domingo, 31 de enero de 2010

Naruto Shippuden

naruto ies instituito sada

MANGA

Manga (漫画) é a palabra xaponesa para designar á historieta en xeneral.
Fóra de Xapón, utilizase exclusivamente para referirse aos cómics deste país. Traducese, literalmente, «dibuxos caprichosos» ou «garabatos». Ao profesional que escribe ou dibuxa mangas se lle coñece como mangaka.
Hoxe en día, o manga é a tradición Manga ies sadade historieta mais influíente do mundo e constitue unha parte importantísima do mercado editorial del país. O manga abarca todos os xéneros e chega a todos os públicos, motivando ademais adaptacions a distintos formatos: series de debuxos animados, coñecidas como anime, ou de imaxe real, películas, videoxogos e novel.
Os xaponeses chaman tamén ó manga «imáxes insignificantes», pois compran ao ano mais de mil millóns de volúmenes en branco e negro, impresos en papel barato. Lénnos en todas partes: nos trens de cercanías, nas salas de espera e nos parques. Cada semana edítanse novas entregas, ao mais puro estilo do folletín, protagonizadas por heroes que teñen aventuras que seducen aos lectores durante anos.
A diferencia das outras dúas grandes escolas da historieta (a franco-belga e a estadounidense), no manga as viñetas e páxinas lense de dereita a esquerda, igual que na escritura tradicional xaponesa. O máis popular e recoñecido estilo de manga ten tamén outras características distintivas, moitas delas por influencia de Osamu Tezuka, considerado o pai do manga moderno.
O manga nace da combinación de dúas tradicións: a arte gráfica xaponesa e a historieta occidental.
A influencia do manga é moi destacable na industria de historietas orixinal de case todos os países do Extremo Oriente e Indonesia. A día de hoxe o manga tamén consolidouse na sociedade occidental debido ao éxito colleitado durante as décadas pasadas, deixando de ser algo exclusivo dun país para constituirse nun fenómeno comercial e cultural global, en competencia directa coa hexemonía narrativa estadounidense e europea.
En España, e no resto de Europa de feito estáse desenvolvendo actualmente a marchas forzadas os «mangakas» españoles, editoriais extranxeiras están buscando a mangakas españois para a publicación de mangas nos respectivos países.
Sen embargo, o máis importante de todo é que grazas á irrupción do manga en Occidente, a poboación xuvenil destas rexións volveu a interesarse masivamente pola historieta como medio, algo que non sucedía dende a implantación doutras formas de ocio como a TV.
É habitual que os aficionados ao manga, en lugar de usar clasificacións por xénero, clasifiquen as historietas en función do segmento de poboación ao que se dirixen. Para iso usan términos xaponeses como os siguientes:

• Kodomo manga, dirixido a nenos/as pequenos/as;
• Shōnen manga, a rapaces adolescentes;
• Shōjo manga, a rapazas adolescentes;
• Seinen manga, a homes xóvenes e adultos.
• Josei manga, a mulleres xóvenes e adultas.

A clasificación dos mangas por xénero volvese moi difícil, dada a riqueza da produción do Xapón, nun intervalo de xéneros que poden ter múltiples e tamén sufrir mutacións ao longo do tempo. De aí que a clasificación por segmentos da poboación sexa moito máis frecuente. O afeizoado ao manga usa, non entanto, algúns termos xaponeses permitindo a cita de algúns dos subxéneros non-específicos do xénero, e eles non teñen equivalente en castelán. Estes son:

• Mahō Shōjo: Nenas ou mozas que teñen algún obxeto máxico ou poder especial.
• Yuri: Historia de amor entre rapazas.
• Yaoi: Historia de amor entre rapaces.
• Harem: Grupo feminino, pero con algún rapaz como co-protagonista.
• Sentai o Super Sentai: A acción repartese entre 3-5 protagonistas.
• Mecha: Robots xigantes, tripulados por humanos.
• Hentai: Pornografía.
• Ecchi: De corte humorístico con contido erótico.
• Jidaimono: Ambientado no Xapón feudal.


Por: Andrea Ramos Rios 1º Bach B

sábado, 30 de enero de 2010

INSTITUTO IES DIAZ PARDO DE SADA, NOVO BLOG

instituto_ies_diaz_pardo_sadaDeixa que canten, así se chama o novo espacio que temos os alumnos do instituto para expresar a nosa creatividade; as fotos, as poesias, os debuxos, os experimentos artísticos, neste blogue cabemos todos expresandonos con libertade e respeto. ¡que as nosas creacions non queden no anonimato!
Non e necesario que teñas unha "obra mestra insuperable", so é importante que queras compartilo con humor e amistade. Contacta con calquera dos redactores deste blogue ou coa profesora coordinadora e publica o teu traballo.
Na columna da dereita tes un enlace a iste novo blogue,

martes, 26 de enero de 2010

Nerea Vales, redactora de Instituto de Sada en Galego

ies_instituto_de_sada
Todos os redactores e seareiros deste blogue do IES Diaz Pardo queremos darlle a millor benvida á Nerea Vales(de 1º de Bach B), nova REDACTORA de Instituto de Sada en Galego por méritos propios. Esperamos que non se arrepinta de formar parte deste grupo de currantes, e que nos axude a ter informada á xente do instituto, con "entradas" tan interesantes como as que xa ten feito como colaboradora. Noraboa, Nerea. Alegrámonos moito de contar contigo.

lunes, 25 de enero de 2010

Mobilización masiva a favor do galego

ies instituto sada
O pasado xoves 1 de xaneiro tivo lugar en Compostela unha multitudinaria manifestación en defensa da lingua galega. Acudiron entre 30.000 e 50.000 persoas que viñeron desde diferentes lugares de Galicia. Entre os manifestantes estaban estudiantes do ensino público, profesores, escritores, intelectuais... ¡todos a favor do galego!

sábado, 23 de enero de 2010

A vida é dura, a vida é corta, a vida é dolorosa... "PRECIOUS"


Life is hard, life is short, life is painful, life is rich, life is "Precious".

Unha película que te estremecerá, unha película que che farai chorar.

Oprah Winfrey e Tyler Perry presentan PRECIOUS, unha película basada na novela "Push" de Sapphire e dirixida por Lee Daniels. Deixovos o trailer con audio en Versión Orixinal (Inglés), xa que é como mellor se nota a esencia da peli, eso sí, con subtitulos en español (non os había en galego).

Sen máis preámbulos, deixo que disfrutedes, e espero que non vos perdades esta estupenda película. Próximamente nos cines.


A terra castiga a Haití


O pasado martes día 12 de xaneiro, un terremoto de 7 grados na escala Richter asolou Haití. Esta catástrofe medioambiental foi coma una bomba atómica para este país, dado que é a maior catástrofe á que se enfrentou nunca. E isto xa é moito decir para Haití, o país máis pobre e desafortunado do hemisferio occidental, que só nos seus primeros cen anos tivo 70 dictadores, e está azoutado continuamente por brotes de violencia e un furacán detrás de outro -tres nun mes en 2008-. Está chovendo sobre mollado e vai ser moi difícil conseguir a total recuperación porque o terremoto pegou no sitio de maior concentración humana e no peor momento posible.

Milleiros de voluntarios procedentes de toda-las partes do mundo intentan axudar á poboación, que se atopa deambulando polas rúas e chorando de desesperación, e a atopar os corpos sepultados baixo os escombros. A ONU ten desplegada una misión de asistencia que conta con preto de 6.700 militares procedentes de 17 países e xa participou no socorro ás víctimas dos furacáns que afectaron a Haití en 2004 e 2008.

O secretario xeral da ONU Ban Ki-moon advirtiu que o país encóntrase nunha delicada encrucillada entre a salvación e a oscuridade. Agora a naturaleza encargouse de pavimentar o camiño do sufrimento.

Debemos concienciarnos de que hai que axudar a países que, coma Haití, encóntranse nunha situación tan desastrosa antes de que estén moito máis sumidos na pobreza e na desesperación.

O máis importante que debemos aprender de todo isto é que cando a natureza enfurece ou reclama o seu lugar entre nos non hai volta atrás.

Nerea Vales 1ºBach B.

miércoles, 13 de enero de 2010

Fotos do Festival de Nadal no Instituto de Sada


Para silenciar a música pulsade o símbolo do altofalante.