sábado, 23 de enero de 2010

A terra castiga a Haití


O pasado martes día 12 de xaneiro, un terremoto de 7 grados na escala Richter asolou Haití. Esta catástrofe medioambiental foi coma una bomba atómica para este país, dado que é a maior catástrofe á que se enfrentou nunca. E isto xa é moito decir para Haití, o país máis pobre e desafortunado do hemisferio occidental, que só nos seus primeros cen anos tivo 70 dictadores, e está azoutado continuamente por brotes de violencia e un furacán detrás de outro -tres nun mes en 2008-. Está chovendo sobre mollado e vai ser moi difícil conseguir a total recuperación porque o terremoto pegou no sitio de maior concentración humana e no peor momento posible.

Milleiros de voluntarios procedentes de toda-las partes do mundo intentan axudar á poboación, que se atopa deambulando polas rúas e chorando de desesperación, e a atopar os corpos sepultados baixo os escombros. A ONU ten desplegada una misión de asistencia que conta con preto de 6.700 militares procedentes de 17 países e xa participou no socorro ás víctimas dos furacáns que afectaron a Haití en 2004 e 2008.

O secretario xeral da ONU Ban Ki-moon advirtiu que o país encóntrase nunha delicada encrucillada entre a salvación e a oscuridade. Agora a naturaleza encargouse de pavimentar o camiño do sufrimento.

Debemos concienciarnos de que hai que axudar a países que, coma Haití, encóntranse nunha situación tan desastrosa antes de que estén moito máis sumidos na pobreza e na desesperación.

O máis importante que debemos aprender de todo isto é que cando a natureza enfurece ou reclama o seu lugar entre nos non hai volta atrás.

Nerea Vales 1ºBach B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario