viernes, 23 de abril de 2010

Día Internacional do Libro.

Hoxe, día 23 de Abril, é o Día Internacional do Libro. Este día serve para conmemorar e fomentar a lectura , a compra dos mesmos, etc...

Tradicionalmente, todo comezou o día de San Jordi (San Jorge) cando en Cataluña, a partir do ano 1925, os homes regalaban flores ás mulleres, e estas regalábanlles un libro aos homes. A partir de 1995, esta celebración extendeuse a varios países de todo o mundo (promulgada pola UNESCO), cumprindo en 2008 o seu centenario.

No ano 2001, como iniciativa da UNESCO, comezouse a escoller, cada ano, unha cidade para ser "Capital Mundial do Libro". A primeira cidade do mundo que recibiu este título foi Madrid, e a última (en 2009) foi a cidade de Beirut. A partir do 23 de Abril do 2010 (hoxe), a Capital Mundial do Libro será Ljubljana ata o ano que ven.

viernes, 16 de abril de 2010

miércoles, 14 de abril de 2010

Adéntrate no subsolo de Moscova. Isto é Metro 2033



Metro 2033. Ese é o nome da novela escrita polo ruso Dmitri Glukhovsky, ambientado na Moscova do ano 2033, onde a cidade está nunha situación de ruina, e toda a poboación tivo que pasar a vivir na zona do metro. Pero nada é o que parece; estas persoas non están soas no subsolo.

Para máis información pinchar "aquí".


Pero a historia que nos quere contar este autor non acaba aquí. Tamén saeu, o pasado 19 de marzo de 2010, a adaptación do libro ao mundo dos videoxogos.

Normalmente, esta conversión (de película a videoxogo, ou de libro a videoxogo) sole ter bastante pouca calidade; pero este caso é unha excepción.

A distribuidora THQ traenos este marabilloso xogo para PC e Xbox 360. Onde a historia da novela nárrase á perfección, e onde a ambientación é tal que pensaremos que estamos vivindo no metro de Moscova. Este xogo non é apto para persoas con problemas de ansiedade, xa que se trata dun Shooter en primeira persoa, onde nos veremos agobiados polos enimigos en todo momento; ademáis a escuridade, a espectacular recreación e realidade da iluminación e o apartado sonoro, faranche pasar uns momentos aterradores.

Con respecto á ambientación (un dos mellores apartados) é perfecta. Mostra ás mil marabillas a vida dentro do metro, a convivencia e, sobre todo, o decadente estado no que viven. A mín, a ambientación recordoume moitísimo á da película The Road. Tamén hay que decir que os gráficos vense bastante mellor en PC que en Xbox 360 (como é normal), pero que explota o 100% do potencial de ambas plataformas.

Rematando, aclárovos que o xogo pódese poñer con voces en español, inglés, ruso, e outros idiomas. Pero recomendo personalmente o idioma orixinal no que se fixo o xogo, o ruso (o estudio que coreou o xogo é ruso).

Por último déixobos unha análise féita por unha páxina web máis especializada por se vos queredes documentar mellor, ademáis da versión en audio e en vídeo feito todo pola mesma web: HardGame2.com

Análise (texto) Metro 2033

Análise (audio):



Video-análise:

martes, 13 de abril de 2010

Tim Burton e o seu "país das Maravillas"


A coñecidísima historia de "Alicia no país das maravillas" é agora editada e versionada polo, tamén coñecidísimo, Tim Burton (Pesadilla antes de Navidad, La novia cadaver, etc.).

"Alicia no país das maravillas" é unha película de fantasía, inspirada nos libros "Las aventuras de Alicia en el país de las maravillas" e "A través del espejo y lo que Alicia encontró allí" de Lewis Caroll, que combina actores reales coas técnicas de captura de movemento e stop-motion. En América Latina debutou entre o 4 e 5 de marzo de 2010, ainda que en Chile, como consecuencia do terremoto, farao o 13 de mayo. En España será estreada o 16 de abril, xa que se retrasou polo éxito e acaparamento de Avatar (James Cámeron). A película lanzouse en Disney Digital 3D e en IMAX 3-D, así como en 2-D en cines tradicionales.

Alicia é interpretada por Mia Wasikowska, mentres que o Sombreiro Tolo protagonízao Johnny Depp. Tamén figura no reparto Helena Bonham Carter, Anne Hathaway e Alan Rickman.

A película rompeu o record anterior en poder de Avatar de 9,5 millóns de dólares mediante a obtención de 11,9 millóns de dólares.

A película foi rodada en 2D (non coma Avatar, que se rodou en 3D), pero máis tarde foi transformada a 3D. A isto chámaselle 3D "falso". A polémica esta en que, médicos e especialistas declararon que os "falsos" 3D poden causar dor de cabeza, mareos, etc...

En definitiva. Unha gran reconversión dunha gran historia, que ninguén debería perderse.


¡Viva o Producto Nacional "Pata Negra"!


Akaoni Studio (un estudio español, concretamente de Valencia) confirmou que "Zombie Panic in Wonderland" estará dispoñible para WiiWare a partir do 9 de abril 2010 por 1000 puntos Wii.

"Zombie Panic in Wonderland" é un shooter en terceira persoa de acción frenética con grandes cantidades de "humor macabro".

Os habitantes de Wonderland desapareceron e as súas cidades están infectadas por zombies e estraños seres. Onde o noso deber será descubrir que pasou cos seus habitantes. Branca Neves, Dorothy e Momotaro, entre outros famosos peronaxes de contos de fadas, poñeranse á aventura e, ametralladora en mán, desturir todo o que encontran no camiño

O xogo encantoume. É poñerte a xogar e non parar. É acción pura, dura, directa e divertidísima. Os escenarios son 100% destructibles, a cantidade de enimigos é moi variada e a cada cal máis cómico. Pasando por zombies a esqueletos, loitadores de Sumo, ninjas, ogros e ata xefes finais.

Temos gran cantidade de armas coas cales facer fronte ás hordas de enimigos zombies deseosos dos nosos sesos, que non paran de atacarche ata completar o 100% da pantalla.

Gráficamente, paréceme imposible que fixesen todo isto en tan pouco espacio (16MB). Ten un gran nivel de detalle onde calquera cousa vese moi ben. Todo, absolutamente todo, é destructible e é unha gozada non deixar nada en pé no escenario.

A música a min gustoume moito, acompaña á perfección todos os hilarantes acontecementos do xogo. A banda sonora está interpretada por unha cantante de ópera xaponesa que lle queda brutal ao xogo.

Pois este mesmo xogo español, segundo a revista Famitsu (a publicación de videoxogos máis importante do mundo) calificouno, no seu número de marzo, como un excelente traballo. E así o confirman as ventas; xa que Zombie Panic in Wonderland está tendo un enorme éxito no país nipón. É o primeiro xogo español que triunfa verdadeiramente neste país.

¿Cál é o segredo para que un xogo non xaponés triunfe en Xapón?

Básicamente, facer que sexa do gusto dos xaponeses en todo.

Os xaponeses non adoitan comprar xogos occidentales porque estos solen ter un estilo que, simplemente e llanamente, non gusta por aquelos lares. En realidade, se o xogo é do seu gusto e ten un marketing ben pensado para o públixo xaponés, aos xapos dalles igual de qué país proveña. E se non, que llo digan a Steve Jobbs (creador e presidente de Apple Inc.).

Iso é algo que se nota que o productor de este xogo (Jose Manuel Iñiguez) sabe moi ben. Non en vano o tío estivo vivindo 12 anos alí. E ao contrario que moitos estranxeiros, que simplemente se cerran en banda e táchanos de "xente rara", sen ir máis alá; él preocupouse por entender cómo pensan. De ahí que soupera facer un xogo que conecte co público xaponés.


Fontes: El País 1
El País 2