viernes, 23 de abril de 2010

Día Internacional do Libro.

Hoxe, día 23 de Abril, é o Día Internacional do Libro. Este día serve para conmemorar e fomentar a lectura , a compra dos mesmos, etc...

Tradicionalmente, todo comezou o día de San Jordi (San Jorge) cando en Cataluña, a partir do ano 1925, os homes regalaban flores ás mulleres, e estas regalábanlles un libro aos homes. A partir de 1995, esta celebración extendeuse a varios países de todo o mundo (promulgada pola UNESCO), cumprindo en 2008 o seu centenario.

No ano 2001, como iniciativa da UNESCO, comezouse a escoller, cada ano, unha cidade para ser "Capital Mundial do Libro". A primeira cidade do mundo que recibiu este título foi Madrid, e a última (en 2009) foi a cidade de Beirut. A partir do 23 de Abril do 2010 (hoxe), a Capital Mundial do Libro será Ljubljana ata o ano que ven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario