miércoles, 14 de abril de 2010
Adéntrate no subsolo de Moscova. Isto é Metro 2033
Metro 2033. Ese é o nome da novela escrita polo ruso Dmitri Glukhovsky, ambientado na Moscova do ano 2033, onde a cidade está nunha situación de ruina, e toda a poboación tivo que pasar a vivir na zona do metro. Pero nada é o que parece; estas persoas non están soas no subsolo.
Para máis información pinchar "aquí".
Pero a historia que nos quere contar este autor non acaba aquí. Tamén saeu, o pasado 19 de marzo de 2010, a adaptación do libro ao mundo dos videoxogos.
Normalmente, esta conversión (de película a videoxogo, ou de libro a videoxogo) sole ter bastante pouca calidade; pero este caso é unha excepción.
A distribuidora THQ traenos este marabilloso xogo para PC e Xbox 360. Onde a historia da novela nárrase á perfección, e onde a ambientación é tal que pensaremos que estamos vivindo no metro de Moscova. Este xogo non é apto para persoas con problemas de ansiedade, xa que se trata dun Shooter en primeira persoa, onde nos veremos agobiados polos enimigos en todo momento; ademáis a escuridade, a espectacular recreación e realidade da iluminación e o apartado sonoro, faranche pasar uns momentos aterradores.
Con respecto á ambientación (un dos mellores apartados) é perfecta. Mostra ás mil marabillas a vida dentro do metro, a convivencia e, sobre todo, o decadente estado no que viven. A mín, a ambientación recordoume moitísimo á da película The Road. Tamén hay que decir que os gráficos vense bastante mellor en PC que en Xbox 360 (como é normal), pero que explota o 100% do potencial de ambas plataformas.
Rematando, aclárovos que o xogo pódese poñer con voces en español, inglés, ruso, e outros idiomas. Pero recomendo personalmente o idioma orixinal no que se fixo o xogo, o ruso (o estudio que coreou o xogo é ruso).
Por último déixobos unha análise féita por unha páxina web máis especializada por se vos queredes documentar mellor, ademáis da versión en audio e en vídeo feito todo pola mesma web: HardGame2.com
Análise (texto) Metro 2033
Análise (audio):
Video-análise:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario