
Akaoni Studio (un estudio español, concretamente de Valencia) confirmou que "Zombie Panic in Wonderland" estará dispoñible para WiiWare a partir do 9 de abril 2010 por 1000 puntos Wii.
"Zombie Panic in Wonderland" é un shooter en terceira persoa de acción frenética con grandes cantidades de "humor macabro".

Os habitantes de Wonderland desapareceron e as súas cidades están infectadas por zombies e estraños seres. Onde o noso deber será descubrir que pasou cos seus habitantes. Branca Neves, Dorothy e Momotaro, entre outros famosos peronaxes de contos de fadas, poñeranse á aventura e, ametralladora en mán, desturir todo o que encontran no camiño
O xogo encantoume. É poñerte a xogar e non parar. É acción pura, dura, directa e divertidísima. Os escenarios son 100% destructibles, a cantidade de enimigos é moi variada e a cada cal máis cómico. Pasando por zombies a esqueletos, loitadores de Sumo, ninjas, ogros e ata xefes finais.
Temos gran cantidade de armas coas cales facer fronte ás hordas de enimigos zombies deseosos dos nosos sesos, que non paran de atacarche ata completar o 100% da pantalla.
Gráficamente, paréceme imposible que fixesen todo isto en tan pouco espacio (16MB). Ten un gran nivel de detalle onde calquera cousa vese moi ben. Todo, absolutamente todo, é destructible e é unha gozada non deixar nada en pé no escenario.
A música a min gustoume moito, acompaña á perfección todos os hilarantes acontecementos do xogo. A banda sonora está interpretada por unha cantante de ópera xaponesa que lle queda brutal ao xogo.
Pois este mesmo xogo español, segundo a revista Famitsu (a publicación de videoxogos máis importante do mundo) calificouno, no seu número de marzo, como un excelente traballo. E así o confirman as ventas; xa que Zombie Panic in Wonderland está tendo un enorme éxito no país nipón. É o primeiro xogo español que triunfa verdadeiramente neste país.
¿Cál é o segredo pa

Básicamente, facer que sexa do gusto dos xaponeses en todo.
Os xaponeses non adoitan comprar xogos occidentales porque estos solen ter un estilo que, simplemente e llanamente, non gusta por aquelos lares. En realidade, se o xogo é do seu gusto e ten un marketing ben pensado para o públixo xaponés, aos xapos dalles igual de qué país proveña. E se non, que llo digan a Steve Jobbs (creador e presidente de Apple Inc.).
Iso é algo que se nota que o productor de este xogo (Jose Manuel Iñiguez) sabe moi ben. Non en vano o tío estivo vivindo 12 anos alí. E ao contrario que moitos estranxeiros, que simplemente se cerran en banda e táchanos de "xente rara", sen ir máis alá; él preocupouse por entender cómo pensan. De ahí que soupera facer un xogo que conecte co público xaponés.
Fontes: El País 1
El País 2
"...facer frente ás hordas de enimigos zombies deseosos dos nosos sesos,..."
ResponderEliminarFíxome moitísima graza esa frase!! xD
Pois esa noticia xa a vira no telediario (no da primeira, máis concretamente) e pareceume xenial. Tanto o xogo coma o feito de que un produto valenciano teña tanto éxito.
(Non comentaches que é a primeira producción de Jose Manuel Íñiguez.)
A verdade, é moi boa idea o de usar as protagonistas de contos nesa situación tan... atípica.
Encántame, realmente, encántame. Teño que probar o xogo!! ^^
Ah, tamén ten un plus o feito de que un español fixese un xogo cunha estética tan xaponesa. Sabías que gustou tanto alá e pareceulles tan ben feito que nun principio creron que se trataba dun producto nacional? (ou sexa, que era un xogo xaponés)
Bueno, moi boa entrada, a seguir así Iago1! ;)
(un pequeno erro. soler é un verbo castelán. en galego dise "adoitar" =P )
Laura, sí, sí k sabía que antes pensaban que era xaponés. Pero non me acordei de poñelo. jajaj
ResponderEliminarCon xogos coma estes (xunto con Mario Galaxy, e The Legend of Zelda Twilight Princess), arrepíntome de non ter a Wii. xD xD
PD: Laura, non me corrixas tanto. ¬¬
PD2: xa o cambio agora. ^-^