lunes, 30 de noviembre de 2009

L'AMOUR VERITABLE, de Kery James, Diam's y Disiz.

no al racismo
Hoxe, para variar un pouco, gustaríame adicar unha entrada á música. En concreto a dúas das miñas cancións preferidas. A primeira chámase Y a pas de couleur, que trata sobre o racismo, e a segunda é L'amour véritable ("O amor verdadeiro"), que trata sobre a amizade. Aínda que o rap non sexa o tipo de música que máis me gusta, gústanme estas cancións polo significado e o mensaxe social que conteñen. Como son en francés, vouvos deixar un pequeno pedaciño de cada unha traducido para que podades ter unha idea do que vai cada canción. Espero que vos guste.
Y a pas de couleur
Ta couleur de peau pour moi ne fait aucune différence Y a pas de couleur pour aimer, pas de couleur pour souffrir Pas une couleur qui t'empêche de mourir Pas une couleur pour s'aimer, pas une couleur pour sourire Pas une couleur pour pleurer (tu le sais)
Nos apparences ne sont pas toujours le reflet de ce que contiennent nos cœurs et c'est ce qui importe.
Y a pas de couleur pour tricher, pas d'couleur pour tromper Pas de couleur pour blesser ou tuer Pas une couleur qui t'immunise contre la douleur Pas une couleur qui te rende supérieur.
(A cor da túa pel para min non significa nada, non hai cor
para querer, non hai cor para sufrir, non hai unha cor que che
impida morrer, non hai unha cor para quererse, non hai unha
cor para sorrir, ou unha cor para chorar.

As nosas apariencias non son sempre o reflexo do que conteñen os nosos corazóns, e é iso o que importa.
Non hai unha cor para traizoar, non hai unha cor para enganar, non hai unha cor para ferir ou matar. Non hai ningunha cor que te inmunice contra a dor, non hai ningunha cor que che faga ser superior.)
L'amour véritable.
L'amitié est née sans raisons et avance sans horizon mon ami,ce texte est en fait une oraison Une amitié qui se finit en fait n'avait pas commencé de vrais liens faits dans le bien amènent à se reconcilier.
(A amizade naceu sen razón e avanza sen horizonte.
Amigo, en realidade este texto é unha oración.
Unha amizade que termina nin se quera comezara, pois os lazos verdadeiros axudan a se reconciliar.)

sábado, 28 de noviembre de 2009

Danzas solidarias














Como xa sabedes, o concello de Sada ten organizada unha programación cultural que inclúe
dende obras teatrias, ata xuntanzas corais. Pero no que me quero centrar é, na pasada actuación que aconteceu o domingo 15 de Novembro na casa da cultura, a cargo das alumnas da Escola de Danza da Sociedade de Sada, a favor da Asociación de Loita contra o Cancro.

Neste festival de danza bailaron nenas de todas as idades, entre elas compañeiras do noso instituto como: Lara Ochoa, Xoana Ferreira, Claudia Neira, Nerea Vales, Silvia Losada, Daniela Linares e moitas maís.


Alégrame saber que xente nova e en especial, xente que nos rodea, participe axudando de
xeito altruista a favor de esta causa. Nela móstranse actitudes de solidariedade que poden encher de ledicia a moitas famillias nesta situación.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Un clásico no mundo do fútbol: Barça-Madrid


Os múltiples problemas que atravesa España nas últimas datas pasarán a un segundo plano durante os noventa minutos que dura este encontro, mentres o balón roda sobre o terreo de xogo do Camp Nou. Entre as 19:00 e as 21:00 do próximo domingo todas as miradas estarán postas neste apaixonante derbi e as persoas abandonaran todas as súas ocupacións para animar ó seu equipo.

As estrelas de ambos equipos serán os encargados de que a sociedade española se emocione, grite, salte, soñe e sobre todo que se divirta.


Coas entradas xa esgotadas en Barcelona e Madrid, ó estilo das grandes produccións cinematográficas, o gran clásico do fútbol español estrenarase como se dunha película se tratase. Así é, o partido poderase ver en 51 salas de cine de 22 cidades españolas que emitirán o encontro sen locución e con imaxes de alta calidade, o cal permitirá a 16.000 afeccionados achegarse ó partido dunha maneira moi diferente.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Eclipse: Outra obra maestra de Stephenie Meyer


Agora que xa se estreou o segundo filme da saga Crepúsculo, Luna Nueva; xa haberá que ir pensando na terceira parte. Por iso vos invito a leer esta obra maestra da literatura, a terceira novela desta fantástica saga: Eclipse

Eclipse é unha novela de fantasía e romance para xovenes escrita pola autora Stephenie Meyer e publicada no 2007. É a terceira parte dunha serie de catro libros, que tamén inclue a Crepúsculo, Luna Nueva e Amanecer.

Actualmente o director David Slade comeza a preparar o posible set para a película de esta terceira entrega, que se espera que se estree pó verán do ano 2010 (programada para o 30 de Xuño).

Non desvelaréi nada do argumento porque o teredes que descubrir por vos mesmos. Espero que disfrutedes da novela mentres esperamos a adaptación cinematográfica.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Situación lingüística en Galicia



Texto un:

Situación actual do galego:

O galego é o idioma da maioría da poboación, xa que dos aproximadamente 2.700.000 habitantes de Galicia, case dous millóns e medio falan galego.

A comezos do século XX, máis do 90% da poboación era monolingüe en galego, a pesar do desprestixio social. Actualmente, o número de persoas con capacidade para expresarse en galego é dun 93%, e a recuperación social do galego vai aumentando.

A oficialización do galego, a súa incorporación ó ensino, á Administración e a certos medios de comunicación está a producir un incremento cualitativo e un cambio de valores respecto do idioma propio de Galicia.

O Mapa Sociolingüístico de Galicia
, elaborado pola Real Academia Galega, ofrece datos optimistas:

- O 72% da poboación ten unha actitude favorable cara ó galego.

- O 68% pensa que o galego é igual ou máis útil có castelán.

- O 66% considera que o galego debería se-la lingua da escola

http://www.xunta.es/galicia2003/gl/05_03.htm
Texto dous:

Fran Rei García caracterizou a actual etapa que o galego vive entre a xente máis nova do país en base á “aceleración desmedida do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán en practicamente todos os ámbitos”; a “ruptura acelerada do proceso de transmisión interxeracional da lingua no eido familiar”; a “marxinalización” e “atomización” a que ficou reducido o uso da lingua propia do país nas persoas menores de 30 anos nos espazos urbanos e, “cada vez máis”, nos vilegos; ou a progresiva “estranxeirización” que vive o galego entre amplos sectores da poboación xuvenil, que en ocasións teñen xa “máis familiaridade co inglés que co galego” e que, como moitas veces se evidencia, “non son quen de manter unha conversa minimamente fluída nin de ler un texto en galego cunha mínima corrección”.

O representante da Mocidade pola Normalización Lingüística salientou tamén como factor “altamente negativo” a persistencia de actitudes ou visións prexuiciosas e tópicas sobre o galego “non sempre exteriorizadas”, porén “si plenamente actuantes”, como tamén determinados estudos sociolingüísticos feitos con técnicas cualitativas están a pór de manifesto nos últimos anos.

Así, Fran Rei referiuse ao tópico do mozo ou moza falante de galego nunha cidade ou vila grande que segue sendo identificado “como un pailán, se a súa fala ten unhas determinadas características” ou, nos outros casos, como “un ou unha nacionalista” (seguindo datos do estudo da Real Academia Galega de 2004 titulado O galego segundo a mocidade); e denunciou tamén que “persiste con forza na mocidade, mesmo en zonas maioritariamente galego falantes, a distinción ‘distinto xénero – distinta lingua’, é dicir, ‘mozo que fala en galego’, ‘moza que fala en castelán’, situacións “que se poden dar no seo dunha mesma familia, co que se comprobaría como “en función do xénero” a lingua a transmitir familiarmente “é unha ou é outra”.
http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20080701164857

O primeiro texto é optimista e o segundo é totalmente pesimista.
Paréceme vergoñoso que sega habendo esta mentalidade actualmente. Por que aínda despois de tantos anos segue habendo unha situación como a que sufrimos actualmente e que demanda Fran Rei? Non vai sendo hora de que todos nos sintamos orgullosos da nosa lingua? Fagámos algo pola nosa lingua, cambiemos esta situación.

lunes, 23 de noviembre de 2009

The twilight saga: New Moon (EEUU, 2009)



A LOCURA DA "LUA NOVA"

A nova entrega da saga Crepúsculo tivo a terceira mellor apertura da película estreada o venres en España. O suxerente vampiro Edward Cullen (Robert Pattinson), a increíble Bella Swan (Kristen Stewart), e o atractivo Jacob Black (Taylor Lautner) clávase nos corazóns de millóns de persoas, cunha ensinanza acerca da sublimidade do amor na vida de cada ser humano.

Dous días antes que en EEUU a tuvimos nos cines españois. Luna Nueva xa foi vista por máis de 260.000 espectadores, equivalente á recaudación de 1.450.000 euros. Cifras que introducen a película na lista das de maior éxito tras Harry Potter, superando incluso á terceira de El Señor de los Anillos, El Retorno del Rey.
Robert Pattinson pasou de ser un personaxe secundario nos filmes de Harry Potter, a saltar á fama gracias o seu suxerente papel de Edward Cullen na saga de Crepúsculo, un home que se define como "apaixoado" pero "pouco romántico" e a pesar de que o seu presunto romance con Kristen Stewart (Bella), de tan só 19 años, teña enlouquecidos aos seus seguidores despois de que foran vistos collidos das mans cando ían subir a un jet privado no aeroporto Le Bourget para sair da Francia, é o trasfondo da historia que narra Stephenie Meyer nos seus libros (Crepúsculo, Lúa Nova, Eclipse e Amencer) o que nos interesa agora.
Unha saga capaz de manter en vilo ata a última páxina. En primeiro lugar, hai que ter a suficiente madurez como para encadrar a historia no que é: un conto, un conto de fantasía, e nada máis, e en segundo lugar, hai que sacar algunha conclusión intelixente do que durante un mes pode ser unho dos nosos mellores pasatempos: a beleza do amor na vida do home, o valor de cada pequeno detalle, a entrega hacia a persoa que se ama. O amor como unha das manifestacións máis esenciais do home que dà sentido á súa vida. O fin e ao cabo, todos desexamos ser amados.
Por certo, os tres protagonistas parecen ter invadido todas as revistas do mundo e é que os rostros de Robert, Kristen y Taylor encóntranse circulando nas edicións de novembro de, polo menos, sete revistas.

Artigo redactado por Paula Potrony

lunes, 16 de noviembre de 2009

Perdoa si te chamo amor.


Para comenzares este blog, vou empezar cunha entrada adicada a un libro que lin xa fai uns meses e que me cautivou desde o primeiro momento, Perdoa si te chamo amor. O seu autor é Federico Moccia, un escritor italiano moi coñecido polo público xuvenil posto que este libro estivo varios meses na lista dos máis vendidos.


Nel cóntase a historia de Niki, unha rapaza un tanto rebelde de 17 anos que se namora de Alessandro, un publicista vinte anos maior ca ela e cun proxecto de vida bastante diferente ao da rapaza. Tras unha serie de peripecias e tras superar todos os obstáculos sociais e naturais que impedían a súa relación, viven unha preciosa historia de amor ambientada nas rúas de Roma, o que engade á xa de por si edulcorada historia de amor unha dimensión máis romántica.


A través desta historia mostrasenos que o amor non ten idade, e que non importa o que pensen os demais porque cando dúas personas se queren, o resto non importa.

Así que vos recomendo esta lectura (obligatoria para todos aqueles que coma min amen as historias de amor) como un xeito de loitar polos vosos soños, e sobre todo nunca deixedes de soñar, nin sequera cando a sociedade vos rexeite chamandovos ilusos, porque como decía o escritor Paulo Coelho : "A posibilidade de realizar un soño é o que fai que a vida sexa interesante."

lunes, 9 de noviembre de 2009

INSTITUTO DE SADA , BENVIDOS

instituto sada en galego
Benvidos ó noso blogue, na cabeceira podes acceder ós contidos de actualidade e na columna da dereita ós contidos organizados por datas ou por temas.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Escribe en Instituto de Sada en Galego



Ola a todas e todos, veleiquí tedes o noso flamante e noviño do trinque bloque pola normalización, un espacio que se irá enchendo de noticias e colaboracións, moitas subidas pola vosa profesora blogueira pero moitas outras, e espero que sexan moitísimas, subidas polos xoves redactores do Isaac Diaz Pardo: Paula Potrony, Carlota Bao, Sabela Gende, Estela Suárez, Pablo del Río, Iago Monzo e Iago Teijeiro; eles contribuirán a que iste sexa un espacio que responda directamente ás nosas inquedanzas e intereses.
Pero os que estamos hoxe non imos ser os únicos, isto é só o equipo inicial, pois o blogue necesitará colaboradores que participen en temas concretos, fotos, axenda de Sada, entrevistas, música, deportes, literatura, teatro, saìdas culturais, noticias do instituto, festas, concursos e moitas outras seccións que iremos engadindo.
¿Como podo participar? Moi facil, enviando o teu artigo a bibliesada@gmail.com ou solicitando en este mesmo enderezo que queres ser redactor para poder subir directamente os teus artigos e fotos.
Xuntate a nos, mostra a o mundo as tua habilidades e o teu punto de vista.

sábado, 7 de noviembre de 2009

INSTITUTO DE SADA , BENVIDOS

instituto de sada
Benvidos a o noso blogue, na cabeceira podes acceder a os contidos de actualidade e na columna da dereita podes acceder a os contidos organizados por datas ou por temas.