lunes, 23 de noviembre de 2009

The twilight saga: New Moon (EEUU, 2009)



A LOCURA DA "LUA NOVA"

A nova entrega da saga Crepúsculo tivo a terceira mellor apertura da película estreada o venres en España. O suxerente vampiro Edward Cullen (Robert Pattinson), a increíble Bella Swan (Kristen Stewart), e o atractivo Jacob Black (Taylor Lautner) clávase nos corazóns de millóns de persoas, cunha ensinanza acerca da sublimidade do amor na vida de cada ser humano.

Dous días antes que en EEUU a tuvimos nos cines españois. Luna Nueva xa foi vista por máis de 260.000 espectadores, equivalente á recaudación de 1.450.000 euros. Cifras que introducen a película na lista das de maior éxito tras Harry Potter, superando incluso á terceira de El Señor de los Anillos, El Retorno del Rey.
Robert Pattinson pasou de ser un personaxe secundario nos filmes de Harry Potter, a saltar á fama gracias o seu suxerente papel de Edward Cullen na saga de Crepúsculo, un home que se define como "apaixoado" pero "pouco romántico" e a pesar de que o seu presunto romance con Kristen Stewart (Bella), de tan só 19 años, teña enlouquecidos aos seus seguidores despois de que foran vistos collidos das mans cando ían subir a un jet privado no aeroporto Le Bourget para sair da Francia, é o trasfondo da historia que narra Stephenie Meyer nos seus libros (Crepúsculo, Lúa Nova, Eclipse e Amencer) o que nos interesa agora.
Unha saga capaz de manter en vilo ata a última páxina. En primeiro lugar, hai que ter a suficiente madurez como para encadrar a historia no que é: un conto, un conto de fantasía, e nada máis, e en segundo lugar, hai que sacar algunha conclusión intelixente do que durante un mes pode ser unho dos nosos mellores pasatempos: a beleza do amor na vida do home, o valor de cada pequeno detalle, a entrega hacia a persoa que se ama. O amor como unha das manifestacións máis esenciais do home que dà sentido á súa vida. O fin e ao cabo, todos desexamos ser amados.
Por certo, os tres protagonistas parecen ter invadido todas as revistas do mundo e é que os rostros de Robert, Kristen y Taylor encóntranse circulando nas edicións de novembro de, polo menos, sete revistas.

Artigo redactado por Paula Potrony

2 comentarios:

  1. Gustounos moito a publicación da nosa compañeira sobre a película. Animámosvos a que siguades redactando artigos de tanto interese para nós, coma este :)

    Bicos

    Inka Rodriguez
    Inés Gómez
    1º Bach A

    ResponderEliminar
  2. Eu fun ver esa película e encantoume. Entre as dúas que saíron é a mellor. Esta entrada está moi ben e describe perfectamente aos seus protagonistas. Esta saga e das mellores que hai, e as peliculas superan as de Harry Potter, sobre todo a última que saiu.

    Alejandra Piot 4ºC

    ResponderEliminar