miércoles, 25 de noviembre de 2009

Situación lingüística en Galicia



Texto un:

Situación actual do galego:

O galego é o idioma da maioría da poboación, xa que dos aproximadamente 2.700.000 habitantes de Galicia, case dous millóns e medio falan galego.

A comezos do século XX, máis do 90% da poboación era monolingüe en galego, a pesar do desprestixio social. Actualmente, o número de persoas con capacidade para expresarse en galego é dun 93%, e a recuperación social do galego vai aumentando.

A oficialización do galego, a súa incorporación ó ensino, á Administración e a certos medios de comunicación está a producir un incremento cualitativo e un cambio de valores respecto do idioma propio de Galicia.

O Mapa Sociolingüístico de Galicia
, elaborado pola Real Academia Galega, ofrece datos optimistas:

- O 72% da poboación ten unha actitude favorable cara ó galego.

- O 68% pensa que o galego é igual ou máis útil có castelán.

- O 66% considera que o galego debería se-la lingua da escola

http://www.xunta.es/galicia2003/gl/05_03.htm
Texto dous:

Fran Rei García caracterizou a actual etapa que o galego vive entre a xente máis nova do país en base á “aceleración desmedida do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán en practicamente todos os ámbitos”; a “ruptura acelerada do proceso de transmisión interxeracional da lingua no eido familiar”; a “marxinalización” e “atomización” a que ficou reducido o uso da lingua propia do país nas persoas menores de 30 anos nos espazos urbanos e, “cada vez máis”, nos vilegos; ou a progresiva “estranxeirización” que vive o galego entre amplos sectores da poboación xuvenil, que en ocasións teñen xa “máis familiaridade co inglés que co galego” e que, como moitas veces se evidencia, “non son quen de manter unha conversa minimamente fluída nin de ler un texto en galego cunha mínima corrección”.

O representante da Mocidade pola Normalización Lingüística salientou tamén como factor “altamente negativo” a persistencia de actitudes ou visións prexuiciosas e tópicas sobre o galego “non sempre exteriorizadas”, porén “si plenamente actuantes”, como tamén determinados estudos sociolingüísticos feitos con técnicas cualitativas están a pór de manifesto nos últimos anos.

Así, Fran Rei referiuse ao tópico do mozo ou moza falante de galego nunha cidade ou vila grande que segue sendo identificado “como un pailán, se a súa fala ten unhas determinadas características” ou, nos outros casos, como “un ou unha nacionalista” (seguindo datos do estudo da Real Academia Galega de 2004 titulado O galego segundo a mocidade); e denunciou tamén que “persiste con forza na mocidade, mesmo en zonas maioritariamente galego falantes, a distinción ‘distinto xénero – distinta lingua’, é dicir, ‘mozo que fala en galego’, ‘moza que fala en castelán’, situacións “que se poden dar no seo dunha mesma familia, co que se comprobaría como “en función do xénero” a lingua a transmitir familiarmente “é unha ou é outra”.
http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20080701164857

O primeiro texto é optimista e o segundo é totalmente pesimista.
Paréceme vergoñoso que sega habendo esta mentalidade actualmente. Por que aínda despois de tantos anos segue habendo unha situación como a que sufrimos actualmente e que demanda Fran Rei? Non vai sendo hora de que todos nos sintamos orgullosos da nosa lingua? Fagámos algo pola nosa lingua, cambiemos esta situación.

2 comentarios:

  1. Olalla Alonso e Paula Ramos 1ªA Bach8 de diciembre de 2009, 12:45

    Gustounos moito a túa entrada carlota, segue subindo cousas asi! Bicos!

    ResponderEliminar
  2. Fagamos algo pola nosa lingua, falémola!

    ResponderEliminar