sábado, 28 de noviembre de 2009

Danzas solidarias














Como xa sabedes, o concello de Sada ten organizada unha programación cultural que inclúe
dende obras teatrias, ata xuntanzas corais. Pero no que me quero centrar é, na pasada actuación que aconteceu o domingo 15 de Novembro na casa da cultura, a cargo das alumnas da Escola de Danza da Sociedade de Sada, a favor da Asociación de Loita contra o Cancro.

Neste festival de danza bailaron nenas de todas as idades, entre elas compañeiras do noso instituto como: Lara Ochoa, Xoana Ferreira, Claudia Neira, Nerea Vales, Silvia Losada, Daniela Linares e moitas maís.


Alégrame saber que xente nova e en especial, xente que nos rodea, participe axudando de
xeito altruista a favor de esta causa. Nela móstranse actitudes de solidariedade que poden encher de ledicia a moitas famillias nesta situación.

2 comentarios:

  1. Menos mal que hai xente que se interesa polos actos culturais que acontecen no noso Concello. Estaría ben que se publicasen antes de que ocorreran pero moi bo artigo e ademais por unha boa causa.

    Felicidades Estela que vas a estar de cumple!

    Un bico, Camino e Julián

    ResponderEliminar
  2. Bo artigo Estela!
    un biquiño

    Lara ochoa

    ResponderEliminar