viernes, 27 de noviembre de 2009

Un clásico no mundo do fútbol: Barça-Madrid


Os múltiples problemas que atravesa España nas últimas datas pasarán a un segundo plano durante os noventa minutos que dura este encontro, mentres o balón roda sobre o terreo de xogo do Camp Nou. Entre as 19:00 e as 21:00 do próximo domingo todas as miradas estarán postas neste apaixonante derbi e as persoas abandonaran todas as súas ocupacións para animar ó seu equipo.

As estrelas de ambos equipos serán os encargados de que a sociedade española se emocione, grite, salte, soñe e sobre todo que se divirta.


Coas entradas xa esgotadas en Barcelona e Madrid, ó estilo das grandes produccións cinematográficas, o gran clásico do fútbol español estrenarase como se dunha película se tratase. Así é, o partido poderase ver en 51 salas de cine de 22 cidades españolas que emitirán o encontro sen locución e con imaxes de alta calidade, o cal permitirá a 16.000 afeccionados achegarse ó partido dunha maneira moi diferente.

5 comentarios:

  1. lara ochoa 1º bach A27 de noviembre de 2009, 13:00

    Bo artigo iago.
    Animo a xente a comentar neste blog, tanto traballo na súa realización esta dando os seus frutos.
    un bico

    ResponderEliminar
  2. Ao final gañou o Barsa... unha mágoa, pero teño que recoñecer que foi un partido moi igualado,e iso é o que importa, o bo espectáculo jeje.
    Moi bo artigo compañeiro, noraboa ;)

    ResponderEliminar
  3. Iván Mazás 1ºBach B8 de diciembre de 2009, 10:33

    boas¡ barsa 1-0 mandril 0 estaba claro quen iba gañar e moito equipo , pero bueno hai que decir que estivo moi igualado pero o final o barsa o tivo nas súas mans e levouno.Como ben dixeron este artigo merece a resposta da xente foi un bo traballo .
    Animote a seguir facendo estas realizacións.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  4. Sergio Galán Berjano 1º BACH B9 de diciembre de 2009, 4:05

    Boas. Foi, como din case todos, o partido do século. Para min foi o mellor partido do Madrid na temporada, pero aínda fáltalle moito para chegar ao xogo que fai o Barcelona. O fútbol que practica o Barcelona é un espectáculo.
    Como din meus compañeiros, hai que animarse a comentar nos blogs, e publicar artículos de interese xeral.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  5. Moi boa entrada Iago!
    O partido foi moi interesante aínda que mereceu máis o Madrid
    Un bico!

    ResponderEliminar