lunes, 16 de noviembre de 2009

Perdoa si te chamo amor.


Para comenzares este blog, vou empezar cunha entrada adicada a un libro que lin xa fai uns meses e que me cautivou desde o primeiro momento, Perdoa si te chamo amor. O seu autor é Federico Moccia, un escritor italiano moi coñecido polo público xuvenil posto que este libro estivo varios meses na lista dos máis vendidos.


Nel cóntase a historia de Niki, unha rapaza un tanto rebelde de 17 anos que se namora de Alessandro, un publicista vinte anos maior ca ela e cun proxecto de vida bastante diferente ao da rapaza. Tras unha serie de peripecias e tras superar todos os obstáculos sociais e naturais que impedían a súa relación, viven unha preciosa historia de amor ambientada nas rúas de Roma, o que engade á xa de por si edulcorada historia de amor unha dimensión máis romántica.


A través desta historia mostrasenos que o amor non ten idade, e que non importa o que pensen os demais porque cando dúas personas se queren, o resto non importa.

Así que vos recomendo esta lectura (obligatoria para todos aqueles que coma min amen as historias de amor) como un xeito de loitar polos vosos soños, e sobre todo nunca deixedes de soñar, nin sequera cando a sociedade vos rexeite chamandovos ilusos, porque como decía o escritor Paulo Coelho : "A posibilidade de realizar un soño é o que fai que a vida sexa interesante."

No hay comentarios:

Publicar un comentario