miércoles, 16 de diciembre de 2009

Barack Obama recibe o Nobel da Paz



Como todos saberedes xa, ó presidente de Estados Unidos, Barack Obama, concedeuselle o premio Nobel da Paz o pasado 9 de outubro. Feito rodeado de polémica desde un principio, xa que moitos opinan que no seu curto período de mandato aínda non realizou méritos suficientes, e non olvidan, ademáis, que é o presidente dun país que acaba de aprobar o envío de máis tropas a Afganistán.
Entre os asombrados, el di ser o primeiro, e afirma: “Sinto que non merezo estar en compañía de tantas figuras transformadoras que recibiron este premio”. Tamén declara que tomará o título como “unha chamada á acción”. Entre os seus compromisos no futuro está mellorar a política internacional de EE.UU., baseándose nunha diplomacia multilateral coa que resolver os conflictos actuais e tamén proceder a un gradual desarme, facendo fincapé no relacionado con armas nucleares. As ideas e feitos que o presidente defende foron a razón pola que o comité decidiu concederlle tal galardón.
Obama recibiu o premio en Oslo o 10 de decembro, pronunciando un discurso ante os asistenetes que provocou un gran apaluso cando dixo: "estamos perdidos cando non respetamos os ideais polos que decimos que loitamos".

2 comentarios:

  1. pareceme unha vergoña e un insulto para todos que o presidente dos USA reciba o premio nobel da paz, non porque sexa Obama senón porque pareceme un desproposito que un político consiga esa distinción cando hai persoas que loitan cada día polos dereitos humanos e non saen na TV e moito menos estan entre os preseleccionados, con dicir que no ano 1939 obtou o premio Hitler.. queda todo dito..

    gran articulo Pablo!

    ResponderEliminar