miércoles, 9 de diciembre de 2009

Novo album de Fall Out Boy

instituto de sada


Boas!!
Hoxe gustaríame facervos una proposta musical que penso que é bastante interesante sobre todo para os que vos considerades amantes do rock.

O álbum que vos propoño para que escoitedes é “Believers Never Die” do grupo americano Fall Out Boy.

Este é o sexto traballo desta banda de rock alternativo nacida el Illinois e composta por catro excelentes músicos: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor secundario), Pete Wentz (cantante secundario, baxista e escritor principal), Joe Trohman (guitarrista principal) e Andrew Hurley (batería).

O lanzamento do álbum foi mundial, e produciuse o día 17 de Novembro. Trátase dun recopilatorio que conten 15 cancións dos seus catro albúmes, "Take This To Your Grave", "From Under the Cork Tree”, "Infinity On High” e” Folie à Deux”, e a coñecidísima version do tema de Michael Jackson, “Beat it”. Ademais, tamén se inclúen tres novas cancións "Alpha Dog", ""From Now On We Are Enemies"" e "Yule Shoot Your Eyes Out" e a famosa canción "Growing Up" do seu “ Ep Fall Out Boy´s Evening Out With Your Girlfriend”.

As letras, como soe ser habitual son reivindicativas e tamén contan situacións das súas vidas persoais. Gustaríame facer fincapé na canción: “I'm Like a Lawyer with the Way I'm Always Trying to Get You off (Me & You)”. Cando se fixo público que sería o seguinte single, Fall Out Boy anunciou que son oficialmente membros de Invisible Children Inc., organización que apoia a aos nenos de rexións en conflicto en África, onde grabaron o vídeo desta canción, que trata sobre dito tema. Paréceme un acto moi xeneroso, porque penso que é importante mostrar os problemas que hai no mundo, e se se fai desta maneira chégase mellor á sociedade.

Pode que a carátula do álbum vos poida resultar un pouco macabra pero recoméndovos aos que nunca escoitastes a música destes rapaces que lle botedes una ollada e que deixedes comentarios sobre o que vos pareceu.

Aquí vos deixo o videoclip da canción "I'm Like a Lawyer with the Way I'm Always Trying to Get You off (Me & You)", disfrutádeo.



Espero poder faceros máis propostas musicais pronto!!

Un saúdo!

Nerea Vales Brandariz.1º Bach.B

7 comentarios:

  1. Anaís Paredes Cabado 1º B Bach9 de diciembre de 2009, 4:18

    Hola!
    Eu xa o escoitei e está moi ben aínda que ten moitas cancions repetidas terían que variar algo. Polo demais está moi ben :)

    ResponderEliminar
  2. Sergio Galán Berjano 1º BACH B9 de diciembre de 2009, 4:20

    Hola. Eu aínda non escoitei o novo CD, pero gústanme moito as cancións dos discos anteriores. Agora que sei que saiu, cando chegue a casa vouno escoitar.

    ResponderEliminar
  3. Iván Mazás Fernández 1ºBach B9 de diciembre de 2009, 7:32

    boas¡
    Aínda que non e do meu gusto , espero que os animedes a deixar un comentario para que o gran traballo feito por nerea poda ter os seus frutos e facer con moito máis interes e co apoio da xente propostas que xa ten para máis adiante.
    Animobos¡
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Jennifer Ávila Ventura 1ºBach B9 de diciembre de 2009, 10:22

    Hola!
    Nunca escoitei este tipo de música, pero animareime e o farei xa que Nerea di que esta tan ben :) Non temos que rexeitar ningun tipo de música xa que toda é interesante e forma parte da nosa cultura como unha linguaxe universal.
    Un saúdo :)!!

    ResponderEliminar
  5. En canto vin a entrada soupen que ías ser ti! jajaja non está mal o grupo, escoitei un par de cancións e están chulas! bo traballo compañeira de letras puras :) un biquiño rula!

    ResponderEliminar
  6. Ya me habías hablado de este álbum. Pero aún lo escuché este fin de semana. Y está genial (ya me lo esperaba de Fall Out Boy), además me gusta que recopilen exitos de sus antíguos CDs. Espero que sigan dandonos muchas alegrías como la que nos da esta pequeña joya.

    Saludos.

    ResponderEliminar
  7. Non coñecía este grupo a verdade é que non me gusta moito.Prefiro heavy metal.

    ResponderEliminar