martes, 8 de diciembre de 2009

Manuel Rivas e Bernardino Graña académicos


Manuel Rivas e Bernardino Graña


Nos pasados meses de Xuño e Xullo deste ano, a Academia da Lingua Galega (RAG) vén de nomear académicos electos aos escritores Manuel Rivas( A Coruña, 1957) e Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932). Os dous novos académicos destacan tanto pola importancia e calidade das súas obras literarias como polo seu compromiso con Galicia, coa nosa lingua e cultura. Desde aquí queremos facer chegar a nosa máis sincera noraboa a estas personalidades e expresar a nosa fonda alegría e esperanza no seu traballo a prol da dignificación e divulgación da nosa cultura na nosa terra e tamén máis alá das nosas fronteiras, máis alá das novas xeracións, para que o galego dure "mil primaveras máis"

1 comentario:

  1. Pois a miña sinceira noraboa para estos dous escritores! De Bernardino Graña non sei moito, pero a Manuel Rivas coñezoo un pouquechiño máis,nas vacacións de veran comecei a ler O lapis do carpinteiro pero non puiden acabalo, a ver si nas próximas vacacións teño tempo e me animo a lelo. E sobre Bernardino Graña investigarei algo, que teño curiosidade! :)

    ResponderEliminar