miércoles, 16 de diciembre de 2009

Un chisco de R&B, Soul: Ne-Yo




Shaffer Chimere Smith é un cantante de R&B e compositor de cancións. É máis coñecido polo nome de Ne-Yo. Actualmente pertence a Def Jam Records. Recibiu moito éxito tras coescribir o tema “Let me love you” de Mario, todo un éxito a finais de 2004 e comezos de 2005. Comezou a súa propia carreira profesional en 2005 co seu álbum debut “In my own words”, lanzado a principios do 2006 e debutando primeiro en Billboard 200. Durante ese período, o segundo single do disco, “So sick”, alcanzou o posto máis alto de Billboard Hot 100. O seu segundo disco foi titulado “Because of you” con máis influencia Soul que con R&B. O 16 de setembro do ano pasado publicou o seu terceiro disco chamado “Year of the gentleman”, cuxo primeiro single se chama “Closer”. Nese mesmo ano, Ne-Yo, realizou para o novo disco de reencontro do grupo xuvenil de finais dos 80s “New kids on the block”, unha canción chamada “Single”, a cal se posicionou rapidamente na lista Billboard nese mesmo ano.


Para escoitar: unha das súas mellores cancións, Mad: http://www.youtube.com/watch?v=6tz2yvhjScc

2 comentarios:

  1. Paula Ramos 1ªA BACH16 de diciembre de 2009, 13:13

    Encántame este cantante, esa canción está ben pero a min gústame máis a de because of you!
    Bicooos!

    ResponderEliminar
  2. Encantame este cantantee!Noraboa Carlota por este artigo tan interesante :)
    Un saudoo!

    ResponderEliminar