martes, 15 de diciembre de 2009

A navidade!

sada
A navidade (latín: nativitas, 'nacimiento' ) é unha das festas máis importantes do Cristianismo, xunto coa Pascua e Pentecostés, que celebra o nacemento de Xesucristo en Belén. Esta festa celébrase o 25 de decembro pola Igrexa Católica, a Igrexa Anglicana, algunhas outras Igrexas protestantes e a Igrexa Ortodoxa Rumana, e o 7 de eneiro noutras Igrexas Ortodoxas, xa que non aceptaron a reforma feita ó calendario xuliano, para pasar ao noso calendario actual, chamado gregoriano, polo nome do seu reformador, o Sumo Pontífice Gregorio XIII.
Os angloparlantes utilizan o término Christmas, que ten o significado de "misa (mass) de Cristo’. Nalgunhas linguas xermánicas, como o alemán, a festa denomínase Weihnachten, que significa ‘noite de bendición’. As festas da Navidade propóñense, como o seu nome indica, celebrar a natividade (é dicir, o nacemento) de Xesús de Nazaret.
Aínda que para algúns dos historiadores a celebración da Navidade histórica debería situarse na primavera (entre abril e maio), e para outros, seguindo o relato de Lucas 2:8, que indica que a noite do nacemento de Xesús, os pastores cuidaban os rebaños ó aire libre e que o ceo estaba cheo de estrelas, é pouco probable que este acontecemento sucedese no inverno (hemisferio norte). A Igrexa cristiana mantén o 25 de decembro como data convencional, posto que na primavera ou outono a Igrexa celebra a Pascua.

4 comentarios:

  1. saliu a imaxe, agora xa sei como se poñen :)

    ResponderEliminar
  2. que bonita che quedou a imaxe! gustame moito jeje como se nota que son navideña..
    joyeux noel ^^

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Boa entrada Paula! a quen non lle gusta a Navidade? e máis as vacacións!
    Un saúdo

    ResponderEliminar