jueves, 10 de diciembre de 2009

Día Internacional dos Dereitos Humanos.


Hoxe, 10 de decembro, é o Día Internacional dos dereitos do home. Nun día como hoxe, fai sesenta e un anos, a Asamblea Xeral da ONU aproba a Declaración Universal dos Dereitos humanos. Nesta declaración, os estados firmantes, comprometíanse a cumprir todo o acordado nesta Declaración, dereitos como a dignidade de todas as persoas, fose cal fose a súa raza, relixión, sexo ou cor así coma o dereito á liberdade de expresión e de conciencia. Ao longo de toda esta declaración recóllense moitos dereitos que actualmente nos parecen do máis normal, incluso aínda cando hai países do mundo onde estos dereitos non son, nin de lexos, recoñecidos.
Hoxe, cando me enterei de que era o día de homenaxear esta declaración, púxenme a pensar e dinme conta que aínda queda moito por facer, que como quen di, aínda non chegamos nin ao primeiro chanzo. Pese a todo o recollido nela, o mundo continúa a ser un lugar inseguro, inxusto e cruel, onde só aqueles que dispoñen da forza (entendase, o diñeiro) son capaces de sobrevivir; un mundo onde non importa como sexa cada persoa, senón canto teña. Un mundo capitalista, un mundo dividido en ricos e pobres, un mundo onde cada día 17.000 nenos morren de fame, un mundo onde nos atopamos manipulados por aqueles que dicen ser demócratas, un mundo onde calquera excusa é perfecta para facer a guerra, sen ter en conta todas as vidas civís que ser perden no camiño, un mundo onde a paz é unha idea e non unha realidade, en definitiva, un mundo no que cada un ocupa o seu lugar, un mundo onde o altruismo é un simple espellismo.
En realidade, falar do día dos dereitos humanos e darme conta de que aínda hai países que matan a xente a pedradas, países onde a pena de morte está considerada case como o deporte nacional, países onde a fame é o pan de cada día, países onde sobrevivir é unha utopía.

E no outro extremo atopámonos nós, os países ricos, países onde, a diferencia dos pobres, o maior problema que ten unha adolescente coma eu pode ser pasar a Selectividade, ou a ver que fago este fin de semana. Pero aquí non é so que teñamos problemas efímeros, é que aínda por riba estes problemas parécennos os peores. Pero non é so no terceiro mundo onde se cometen atentados contra os dereitos das persoas, o racismo é o máis claro exemplo. Nós, os ricos, que dicimos ser tolerantes, respetuosos e criticamos aos países máis pobres de "barbaros", nós, continuamos a despreciar á xente pola súa cor de pel ou pola súa relixión. Non se supón que un dos dereitos que temos todas as persoas é a dignidade? Pois si é verdade que o é, loitemos por el, loitemos por conseguir un mundo onde todos sexamos iguais, e temos que comezar nós, axudando aos países máis pobres a saír da súa situación e comprender un pouco que mellor que ao fin e ao cabo non somos mellores, nin peores, somos iguais, e que estamos nesta circunstancia privilexiada debido a circunstancias históricas, non á libre elección de cada un, os pobres non elixiron ser pobres.
Paréceme importante este detalle porque nós poderiamos estar na súa situación e eles na nosa, poderían invertirse os papeis e ser nós quenes sufriramos todo o que sofren eles. E sería precisamente nese momento cando nos dariamos conta de que nos gustaría que nos axudanse. Se todos somos capaces de poñernos, aínda que so sexa un segundo, na pel de todos aqueles que sofren, poderíamos experimentar o que é a compaixón, poderíamos sentir cos outros.
E soamente nese momento, o mundo sería moito máis xusto.

Así, gustaríame desde aquí facervos reflexionar, que todos reflexionasemos por un segundo e pensasemos se de verdade todos os seres humanos temos os mesmos dereitos.
Temos que loitar por que, ao menos, todos os humanos cheguemos de verdade a ser iguales, temos que loitar por este noso dereito que é a expresión de liberdade, ou polo menos temos que intentalo. Sei que non somos máis que simples humanos, e que non somos nós quenes movemos os fíos deste mundo, pero nos guste ou non, este é o noso mundo, e temos que coidalo.

Non quero ver máis nenos morrendo de fame, non quero ver máis xente condenada a morte, non quero ver más lapidacións, non quero ver máis racismo, non quero ver máis inxustizas...




"Sen progreso, non hai paz posible. Sen paz, non hai progreso posible" Kofi Annan.


Sabela.

5 comentarios:

  1. Paula Ramos 1ºA Bach14 de diciembre de 2009, 2:26

    Unha entrada preciosa sabela :)
    Un bico!

    ResponderEliminar
  2. Gustóume moito este artículo,está moi ben redactado e é moi bonito.
    Un excelentísimo traballo!Felicítote Sabela.

    Xoana Ferreira Tembrás
    1ºA Bach

    ResponderEliminar
  3. sabela :) encantoume de verdade:) é precioso e tes moitísima razón en todo o que dís; xa que en calquer momento,calquera día as cousas poden dar un xiro de 360º e ser nós os que necesitemos a xente o noso lado para saír adiante.

    Un saudo!

    Patricia Olmedo Andrés.
    2ºBach C

    ResponderEliminar
  4. Felicidades polo que escribiches!
    Gustoume moitisimo! espero que
    sigas escribindo :)

    un bico.

    Laura Portomeñe López
    2ºBach C

    ResponderEliminar
  5. Gustoume o teu artículo xa que provoca facer unha reflexión sobre a nosa sociedade repleta de inxustizas que acontecen todolos dias tanto nos paises subdesenvolvidos como nos ricos onde prima a hipocresía xa que mira con superioridade o resto das culturas cando deberían profundizar nos seus propios erros, que non son escasos.
    Ademais das unha luz de esperanza xa que en nós,a nova xeración, está a posibilidade de acadar un futuro mais solidario.
    Mariel Vera 2ºBACH C

    ResponderEliminar