martes, 22 de diciembre de 2009

IES Diaz Pardo desexa Bo Nadal!


E por fin chegou o 22 de decembro! Si, o día en que nos deron as notas, o día en que por fin imos poder descansar un pouco, aínda que non sexa moito! Espero que vos gustara todas as actividades que ao longo de toda a mañá se foron facendo, tanto a película, os partidos e logo as actuacións e demais en usos múltiples. A min, particularmente, a película gustoume moito aínda que non puiden ver o final, a ver si o podo ver no nestas vacacións, e logo xa vos contarei!
Así que nada, desexarvos desde aquí un bo Nadal, espero que disfrutedes moito das vacacións e a ver se vimos todos con ganas de traballar á volta das vacacións!

Un bico moi grande

jueves, 17 de diciembre de 2009

O Instituto de Sada desexa Bo Nadal!!

instituto sada

O equipo de normalización deséxavos un Bo Nadal a todos e todas! Pasade unhas boas vacacións e non estudiedes moito! ;)

Un saúdo.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

spanish movie


SPANISH MOVIE é a primeira película española que parodia os últimos grandes éxitos de nostra cinematografía, utilizando como modelo de inspiración películas como "El Orfanato", "Los Otros", "Volver", "Alatriste" ou "El Laberinto del Fauno". Tamén facilitaron un material fabuloso e altamente parodiable; títulos como "Los Lunes al Sol", "Abre los Ojos" y "Rec". Un homenaxe en tono de comedia ós mellores títulos do cine español.

Grandes dosis de humor, inxeniosos guiños ó noso cine máis recente, un elenco artístico altamente ligado á comedia e unha elevada reserva de sorpresas constituyen os ingredientes desta disparatada comedia: Spanish Movie.

Protagonizada por Alexandra Jiménez ("Los Serrano"), Carlos Areces ("Muchachada Nui"), Silvia Abril (El Terrat), Joaquín Reyes ("Muchachada Nui", "Camera Café"), Eduardo Gómez ("La que se avecina") e Michelle Jenner ("Los hombres de Paco"), entre outros, e coa participación estelar do mítico actor de comedia Leslie Nielsen.

Barack Obama recibe o Nobel da Paz



Como todos saberedes xa, ó presidente de Estados Unidos, Barack Obama, concedeuselle o premio Nobel da Paz o pasado 9 de outubro. Feito rodeado de polémica desde un principio, xa que moitos opinan que no seu curto período de mandato aínda non realizou méritos suficientes, e non olvidan, ademáis, que é o presidente dun país que acaba de aprobar o envío de máis tropas a Afganistán.
Entre os asombrados, el di ser o primeiro, e afirma: “Sinto que non merezo estar en compañía de tantas figuras transformadoras que recibiron este premio”. Tamén declara que tomará o título como “unha chamada á acción”. Entre os seus compromisos no futuro está mellorar a política internacional de EE.UU., baseándose nunha diplomacia multilateral coa que resolver os conflictos actuais e tamén proceder a un gradual desarme, facendo fincapé no relacionado con armas nucleares. As ideas e feitos que o presidente defende foron a razón pola que o comité decidiu concederlle tal galardón.
Obama recibiu o premio en Oslo o 10 de decembro, pronunciando un discurso ante os asistenetes que provocou un gran apaluso cando dixo: "estamos perdidos cando non respetamos os ideais polos que decimos que loitamos".

Un chisco de R&B, Soul: Ne-Yo




Shaffer Chimere Smith é un cantante de R&B e compositor de cancións. É máis coñecido polo nome de Ne-Yo. Actualmente pertence a Def Jam Records. Recibiu moito éxito tras coescribir o tema “Let me love you” de Mario, todo un éxito a finais de 2004 e comezos de 2005. Comezou a súa propia carreira profesional en 2005 co seu álbum debut “In my own words”, lanzado a principios do 2006 e debutando primeiro en Billboard 200. Durante ese período, o segundo single do disco, “So sick”, alcanzou o posto máis alto de Billboard Hot 100. O seu segundo disco foi titulado “Because of you” con máis influencia Soul que con R&B. O 16 de setembro do ano pasado publicou o seu terceiro disco chamado “Year of the gentleman”, cuxo primeiro single se chama “Closer”. Nese mesmo ano, Ne-Yo, realizou para o novo disco de reencontro do grupo xuvenil de finais dos 80s “New kids on the block”, unha canción chamada “Single”, a cal se posicionou rapidamente na lista Billboard nese mesmo ano.


Para escoitar: unha das súas mellores cancións, Mad: http://www.youtube.com/watch?v=6tz2yvhjScc

martes, 15 de diciembre de 2009

NO INSTITUTO DE SADA GUSTA PRADOLONGO

instituto de sada
Pradolongo é un filme rodado integramente en galego, estreado no ano 2008 e rodado na comarca de Valdeorras. O seu director foi Ignacio Vilar, nado en Petín en 1955.

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo, á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.

A presentación do conflito revela unha profunda observación e reflexión sobre o mundo actual levando a unha combinación intelixente de personaxes e situacións, a fin de presentar unha historia universal con un tema do noso tempo: a relación do home coa natureza.

En realidade, a filmación, realizada entre o 16 de agosto e o 28 de setembro de 2007, realizouse enteiramente en Galicia.

Debido á escaseza de profesionais menores de 20 anos, director Ignacio Vilar, fixo un casting para todos os institutos da zona, a fin de seleccionar os mozos con idades comprendidas entre 16 e 18 que falan galego e naturalmente posuír e demostrar algunha capacidade de actuar. Así, 11 adolescentes foron capaces de asistir o curso libre de interpretación, dada por Damian Contreras.

Recordase tamén Jerry Goldsmith Award para "Mellor formato de música longa" concedido polo Cuarto Congreso Internacional de Úbeda Film Music para o compositor da banda sonora de Pradolongo, Zeltia Montes, e a selección de Pradolongo para parte do "Made in Spain" a partir da edición 56 do Festival de Cine de San Sebastián, da cidade e do Cuarto Premio de San Sebastián Film Commission concedido pola Fomento de San Sebastián ", como a película que mellor reflicte os valores urbanos, paisaxe cultural e aspectos sociais da cidade, foi baleado e ten colaborado coa súa promoción como a área de prácticas de servizo da industria audiovisual. Pradolongo tamén recibiu o Premio Especial do Festival Internacional de Cine de Ourense, na súa décimo terceira edición.


Por: Anaís Paredes Cabado 1ºBach B

A navidade!

sada
A navidade (latín: nativitas, 'nacimiento' ) é unha das festas máis importantes do Cristianismo, xunto coa Pascua e Pentecostés, que celebra o nacemento de Xesucristo en Belén. Esta festa celébrase o 25 de decembro pola Igrexa Católica, a Igrexa Anglicana, algunhas outras Igrexas protestantes e a Igrexa Ortodoxa Rumana, e o 7 de eneiro noutras Igrexas Ortodoxas, xa que non aceptaron a reforma feita ó calendario xuliano, para pasar ao noso calendario actual, chamado gregoriano, polo nome do seu reformador, o Sumo Pontífice Gregorio XIII.
Os angloparlantes utilizan o término Christmas, que ten o significado de "misa (mass) de Cristo’. Nalgunhas linguas xermánicas, como o alemán, a festa denomínase Weihnachten, que significa ‘noite de bendición’. As festas da Navidade propóñense, como o seu nome indica, celebrar a natividade (é dicir, o nacemento) de Xesús de Nazaret.
Aínda que para algúns dos historiadores a celebración da Navidade histórica debería situarse na primavera (entre abril e maio), e para outros, seguindo o relato de Lucas 2:8, que indica que a noite do nacemento de Xesús, os pastores cuidaban os rebaños ó aire libre e que o ceo estaba cheo de estrelas, é pouco probable que este acontecemento sucedese no inverno (hemisferio norte). A Igrexa cristiana mantén o 25 de decembro como data convencional, posto que na primavera ou outono a Igrexa celebra a Pascua.

lunes, 14 de diciembre de 2009

"Sempre Xonxa"


Foi estreada en 1989, acadando un gran éxito nos cines de Galiza. No resto de España pasou completamente desapercibida, o cal é facilmente comprensible debido á súa temática centrada na emigración e no mundo rural galego. A nivel internacional gañou diversos premios e tivo unha certa vida comercial especialmente en países onde a emigración galega tiña certa presenza.

Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada.

A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu Forcarei natal e nas aldeas de Rubillón e Baíste.

A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vencellado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno.

Trátase dun filme realista, aínda que podemos consideralo encardinado dentro do realismo máximo latinoamericano, onde bebe, seguramente vía Álvaro Cunqueiro. Neste sentido, destaca o personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica e lendaria dos contos populares.

Con todo o máis salientable do filme concéntrase na súa primeira parte, onde Chano Piñeiro retrata coa mesma mestría que mostrara en Mamasunción o mundo da aldea durante o franquismo.

É unha boa película e anímovos a que a vexades.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Día Internacional dos Dereitos Humanos.


Hoxe, 10 de decembro, é o Día Internacional dos dereitos do home. Nun día como hoxe, fai sesenta e un anos, a Asamblea Xeral da ONU aproba a Declaración Universal dos Dereitos humanos. Nesta declaración, os estados firmantes, comprometíanse a cumprir todo o acordado nesta Declaración, dereitos como a dignidade de todas as persoas, fose cal fose a súa raza, relixión, sexo ou cor así coma o dereito á liberdade de expresión e de conciencia. Ao longo de toda esta declaración recóllense moitos dereitos que actualmente nos parecen do máis normal, incluso aínda cando hai países do mundo onde estos dereitos non son, nin de lexos, recoñecidos.
Hoxe, cando me enterei de que era o día de homenaxear esta declaración, púxenme a pensar e dinme conta que aínda queda moito por facer, que como quen di, aínda non chegamos nin ao primeiro chanzo. Pese a todo o recollido nela, o mundo continúa a ser un lugar inseguro, inxusto e cruel, onde só aqueles que dispoñen da forza (entendase, o diñeiro) son capaces de sobrevivir; un mundo onde non importa como sexa cada persoa, senón canto teña. Un mundo capitalista, un mundo dividido en ricos e pobres, un mundo onde cada día 17.000 nenos morren de fame, un mundo onde nos atopamos manipulados por aqueles que dicen ser demócratas, un mundo onde calquera excusa é perfecta para facer a guerra, sen ter en conta todas as vidas civís que ser perden no camiño, un mundo onde a paz é unha idea e non unha realidade, en definitiva, un mundo no que cada un ocupa o seu lugar, un mundo onde o altruismo é un simple espellismo.
En realidade, falar do día dos dereitos humanos e darme conta de que aínda hai países que matan a xente a pedradas, países onde a pena de morte está considerada case como o deporte nacional, países onde a fame é o pan de cada día, países onde sobrevivir é unha utopía.

E no outro extremo atopámonos nós, os países ricos, países onde, a diferencia dos pobres, o maior problema que ten unha adolescente coma eu pode ser pasar a Selectividade, ou a ver que fago este fin de semana. Pero aquí non é so que teñamos problemas efímeros, é que aínda por riba estes problemas parécennos os peores. Pero non é so no terceiro mundo onde se cometen atentados contra os dereitos das persoas, o racismo é o máis claro exemplo. Nós, os ricos, que dicimos ser tolerantes, respetuosos e criticamos aos países máis pobres de "barbaros", nós, continuamos a despreciar á xente pola súa cor de pel ou pola súa relixión. Non se supón que un dos dereitos que temos todas as persoas é a dignidade? Pois si é verdade que o é, loitemos por el, loitemos por conseguir un mundo onde todos sexamos iguais, e temos que comezar nós, axudando aos países máis pobres a saír da súa situación e comprender un pouco que mellor que ao fin e ao cabo non somos mellores, nin peores, somos iguais, e que estamos nesta circunstancia privilexiada debido a circunstancias históricas, non á libre elección de cada un, os pobres non elixiron ser pobres.
Paréceme importante este detalle porque nós poderiamos estar na súa situación e eles na nosa, poderían invertirse os papeis e ser nós quenes sufriramos todo o que sofren eles. E sería precisamente nese momento cando nos dariamos conta de que nos gustaría que nos axudanse. Se todos somos capaces de poñernos, aínda que so sexa un segundo, na pel de todos aqueles que sofren, poderíamos experimentar o que é a compaixón, poderíamos sentir cos outros.
E soamente nese momento, o mundo sería moito máis xusto.

Así, gustaríame desde aquí facervos reflexionar, que todos reflexionasemos por un segundo e pensasemos se de verdade todos os seres humanos temos os mesmos dereitos.
Temos que loitar por que, ao menos, todos os humanos cheguemos de verdade a ser iguales, temos que loitar por este noso dereito que é a expresión de liberdade, ou polo menos temos que intentalo. Sei que non somos máis que simples humanos, e que non somos nós quenes movemos os fíos deste mundo, pero nos guste ou non, este é o noso mundo, e temos que coidalo.

Non quero ver máis nenos morrendo de fame, non quero ver máis xente condenada a morte, non quero ver más lapidacións, non quero ver máis racismo, non quero ver máis inxustizas...




"Sen progreso, non hai paz posible. Sen paz, non hai progreso posible" Kofi Annan.


Sabela.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Novo album de Fall Out Boy

instituto de sada


Boas!!
Hoxe gustaríame facervos una proposta musical que penso que é bastante interesante sobre todo para os que vos considerades amantes do rock.

O álbum que vos propoño para que escoitedes é “Believers Never Die” do grupo americano Fall Out Boy.

Este é o sexto traballo desta banda de rock alternativo nacida el Illinois e composta por catro excelentes músicos: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor secundario), Pete Wentz (cantante secundario, baxista e escritor principal), Joe Trohman (guitarrista principal) e Andrew Hurley (batería).

O lanzamento do álbum foi mundial, e produciuse o día 17 de Novembro. Trátase dun recopilatorio que conten 15 cancións dos seus catro albúmes, "Take This To Your Grave", "From Under the Cork Tree”, "Infinity On High” e” Folie à Deux”, e a coñecidísima version do tema de Michael Jackson, “Beat it”. Ademais, tamén se inclúen tres novas cancións "Alpha Dog", ""From Now On We Are Enemies"" e "Yule Shoot Your Eyes Out" e a famosa canción "Growing Up" do seu “ Ep Fall Out Boy´s Evening Out With Your Girlfriend”.

As letras, como soe ser habitual son reivindicativas e tamén contan situacións das súas vidas persoais. Gustaríame facer fincapé na canción: “I'm Like a Lawyer with the Way I'm Always Trying to Get You off (Me & You)”. Cando se fixo público que sería o seguinte single, Fall Out Boy anunciou que son oficialmente membros de Invisible Children Inc., organización que apoia a aos nenos de rexións en conflicto en África, onde grabaron o vídeo desta canción, que trata sobre dito tema. Paréceme un acto moi xeneroso, porque penso que é importante mostrar os problemas que hai no mundo, e se se fai desta maneira chégase mellor á sociedade.

Pode que a carátula do álbum vos poida resultar un pouco macabra pero recoméndovos aos que nunca escoitastes a música destes rapaces que lle botedes una ollada e que deixedes comentarios sobre o que vos pareceu.

Aquí vos deixo o videoclip da canción "I'm Like a Lawyer with the Way I'm Always Trying to Get You off (Me & You)", disfrutádeo.



Espero poder faceros máis propostas musicais pronto!!

Un saúdo!

Nerea Vales Brandariz.1º Bach.B

martes, 8 de diciembre de 2009

Manuel Rivas e Bernardino Graña académicos


Manuel Rivas e Bernardino Graña


Nos pasados meses de Xuño e Xullo deste ano, a Academia da Lingua Galega (RAG) vén de nomear académicos electos aos escritores Manuel Rivas( A Coruña, 1957) e Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932). Os dous novos académicos destacan tanto pola importancia e calidade das súas obras literarias como polo seu compromiso con Galicia, coa nosa lingua e cultura. Desde aquí queremos facer chegar a nosa máis sincera noraboa a estas personalidades e expresar a nosa fonda alegría e esperanza no seu traballo a prol da dignificación e divulgación da nosa cultura na nosa terra e tamén máis alá das nosas fronteiras, máis alá das novas xeracións, para que o galego dure "mil primaveras máis"

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Avatar, de James Cameron. Un peliculón en 3D


O 18 de decembro estrearase a película máis esperada do nadal. "Avatar" pretende dar un salto de xigante no uso da tecnoloxía 3D.

Pasaron 12 anos desde que "Titanic" batera todolos récords de taquilla. Foi un traballo faraónico, capitaneado (nunca mellor dito) polo reputado James Cameron (director da xa citada Titanic, Terminator, Terminator 2, Aliens: el regreso, e Mentiras Arriesgadas). Él non se durmíu nos laureles. De feito, levaba dende 1995 traballando na súa película máis ambiciosa. Coñecido primeiro como "Project 880", o proxecto prometía revolucionar o cine en 3 dimensiones. Tanto era así, que Cameron decidiu esperar hata que a tecnoloxía avanzara máis e permitira reflexar o que él tiña pensado. Por un lado, quería que os espectadores puidesen ter unha experiencia tridimensional única. Por outro, quería crear seres vivos animados de un aspecto verosímil. Dicen que cando Cameron veu o famoso monólogo de Gollum en "Las Dos Torres", decidíu que era o momento de lanzarse. Agora, a película (que poderá verse nos cines de sempre ou nas salas especiales de 3D) está a punto de chegar.

O argumento lévanos a un futuro no que os humans da organización RDA extraen recursos do planeta Pandora. Sin embargo, uns xigantescos nativos chamados Na'vi resistense a ser dominados. Os humans non poden respirar en Pandora, pero sí transferir a súa consciencia a corpos inertes dos Na'vi. Esos corpos chámanse "avatar". Jake, o humán protagonista, ocupa un avatar e ha de decidir se apoya a causa humana ou a dos Na'vi.

Soamente me queda decir que vaiades ao cine o 18 de decembro para ver este pedazo de película.

Aquí vos deixo o trailer oficial de Avatar en español:

lunes, 30 de noviembre de 2009

L'AMOUR VERITABLE, de Kery James, Diam's y Disiz.

no al racismo
Hoxe, para variar un pouco, gustaríame adicar unha entrada á música. En concreto a dúas das miñas cancións preferidas. A primeira chámase Y a pas de couleur, que trata sobre o racismo, e a segunda é L'amour véritable ("O amor verdadeiro"), que trata sobre a amizade. Aínda que o rap non sexa o tipo de música que máis me gusta, gústanme estas cancións polo significado e o mensaxe social que conteñen. Como son en francés, vouvos deixar un pequeno pedaciño de cada unha traducido para que podades ter unha idea do que vai cada canción. Espero que vos guste.
Y a pas de couleur
Ta couleur de peau pour moi ne fait aucune différence Y a pas de couleur pour aimer, pas de couleur pour souffrir Pas une couleur qui t'empêche de mourir Pas une couleur pour s'aimer, pas une couleur pour sourire Pas une couleur pour pleurer (tu le sais)
Nos apparences ne sont pas toujours le reflet de ce que contiennent nos cœurs et c'est ce qui importe.
Y a pas de couleur pour tricher, pas d'couleur pour tromper Pas de couleur pour blesser ou tuer Pas une couleur qui t'immunise contre la douleur Pas une couleur qui te rende supérieur.
(A cor da túa pel para min non significa nada, non hai cor
para querer, non hai cor para sufrir, non hai unha cor que che
impida morrer, non hai unha cor para quererse, non hai unha
cor para sorrir, ou unha cor para chorar.

As nosas apariencias non son sempre o reflexo do que conteñen os nosos corazóns, e é iso o que importa.
Non hai unha cor para traizoar, non hai unha cor para enganar, non hai unha cor para ferir ou matar. Non hai ningunha cor que te inmunice contra a dor, non hai ningunha cor que che faga ser superior.)
L'amour véritable.
L'amitié est née sans raisons et avance sans horizon mon ami,ce texte est en fait une oraison Une amitié qui se finit en fait n'avait pas commencé de vrais liens faits dans le bien amènent à se reconcilier.
(A amizade naceu sen razón e avanza sen horizonte.
Amigo, en realidade este texto é unha oración.
Unha amizade que termina nin se quera comezara, pois os lazos verdadeiros axudan a se reconciliar.)

sábado, 28 de noviembre de 2009

Danzas solidarias














Como xa sabedes, o concello de Sada ten organizada unha programación cultural que inclúe
dende obras teatrias, ata xuntanzas corais. Pero no que me quero centrar é, na pasada actuación que aconteceu o domingo 15 de Novembro na casa da cultura, a cargo das alumnas da Escola de Danza da Sociedade de Sada, a favor da Asociación de Loita contra o Cancro.

Neste festival de danza bailaron nenas de todas as idades, entre elas compañeiras do noso instituto como: Lara Ochoa, Xoana Ferreira, Claudia Neira, Nerea Vales, Silvia Losada, Daniela Linares e moitas maís.


Alégrame saber que xente nova e en especial, xente que nos rodea, participe axudando de
xeito altruista a favor de esta causa. Nela móstranse actitudes de solidariedade que poden encher de ledicia a moitas famillias nesta situación.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Un clásico no mundo do fútbol: Barça-Madrid


Os múltiples problemas que atravesa España nas últimas datas pasarán a un segundo plano durante os noventa minutos que dura este encontro, mentres o balón roda sobre o terreo de xogo do Camp Nou. Entre as 19:00 e as 21:00 do próximo domingo todas as miradas estarán postas neste apaixonante derbi e as persoas abandonaran todas as súas ocupacións para animar ó seu equipo.

As estrelas de ambos equipos serán os encargados de que a sociedade española se emocione, grite, salte, soñe e sobre todo que se divirta.


Coas entradas xa esgotadas en Barcelona e Madrid, ó estilo das grandes produccións cinematográficas, o gran clásico do fútbol español estrenarase como se dunha película se tratase. Así é, o partido poderase ver en 51 salas de cine de 22 cidades españolas que emitirán o encontro sen locución e con imaxes de alta calidade, o cal permitirá a 16.000 afeccionados achegarse ó partido dunha maneira moi diferente.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Eclipse: Outra obra maestra de Stephenie Meyer


Agora que xa se estreou o segundo filme da saga Crepúsculo, Luna Nueva; xa haberá que ir pensando na terceira parte. Por iso vos invito a leer esta obra maestra da literatura, a terceira novela desta fantástica saga: Eclipse

Eclipse é unha novela de fantasía e romance para xovenes escrita pola autora Stephenie Meyer e publicada no 2007. É a terceira parte dunha serie de catro libros, que tamén inclue a Crepúsculo, Luna Nueva e Amanecer.

Actualmente o director David Slade comeza a preparar o posible set para a película de esta terceira entrega, que se espera que se estree pó verán do ano 2010 (programada para o 30 de Xuño).

Non desvelaréi nada do argumento porque o teredes que descubrir por vos mesmos. Espero que disfrutedes da novela mentres esperamos a adaptación cinematográfica.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Situación lingüística en Galicia



Texto un:

Situación actual do galego:

O galego é o idioma da maioría da poboación, xa que dos aproximadamente 2.700.000 habitantes de Galicia, case dous millóns e medio falan galego.

A comezos do século XX, máis do 90% da poboación era monolingüe en galego, a pesar do desprestixio social. Actualmente, o número de persoas con capacidade para expresarse en galego é dun 93%, e a recuperación social do galego vai aumentando.

A oficialización do galego, a súa incorporación ó ensino, á Administración e a certos medios de comunicación está a producir un incremento cualitativo e un cambio de valores respecto do idioma propio de Galicia.

O Mapa Sociolingüístico de Galicia
, elaborado pola Real Academia Galega, ofrece datos optimistas:

- O 72% da poboación ten unha actitude favorable cara ó galego.

- O 68% pensa que o galego é igual ou máis útil có castelán.

- O 66% considera que o galego debería se-la lingua da escola

http://www.xunta.es/galicia2003/gl/05_03.htm
Texto dous:

Fran Rei García caracterizou a actual etapa que o galego vive entre a xente máis nova do país en base á “aceleración desmedida do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán en practicamente todos os ámbitos”; a “ruptura acelerada do proceso de transmisión interxeracional da lingua no eido familiar”; a “marxinalización” e “atomización” a que ficou reducido o uso da lingua propia do país nas persoas menores de 30 anos nos espazos urbanos e, “cada vez máis”, nos vilegos; ou a progresiva “estranxeirización” que vive o galego entre amplos sectores da poboación xuvenil, que en ocasións teñen xa “máis familiaridade co inglés que co galego” e que, como moitas veces se evidencia, “non son quen de manter unha conversa minimamente fluída nin de ler un texto en galego cunha mínima corrección”.

O representante da Mocidade pola Normalización Lingüística salientou tamén como factor “altamente negativo” a persistencia de actitudes ou visións prexuiciosas e tópicas sobre o galego “non sempre exteriorizadas”, porén “si plenamente actuantes”, como tamén determinados estudos sociolingüísticos feitos con técnicas cualitativas están a pór de manifesto nos últimos anos.

Así, Fran Rei referiuse ao tópico do mozo ou moza falante de galego nunha cidade ou vila grande que segue sendo identificado “como un pailán, se a súa fala ten unhas determinadas características” ou, nos outros casos, como “un ou unha nacionalista” (seguindo datos do estudo da Real Academia Galega de 2004 titulado O galego segundo a mocidade); e denunciou tamén que “persiste con forza na mocidade, mesmo en zonas maioritariamente galego falantes, a distinción ‘distinto xénero – distinta lingua’, é dicir, ‘mozo que fala en galego’, ‘moza que fala en castelán’, situacións “que se poden dar no seo dunha mesma familia, co que se comprobaría como “en función do xénero” a lingua a transmitir familiarmente “é unha ou é outra”.
http://clasica.xornal.com/article.php?sid=20080701164857

O primeiro texto é optimista e o segundo é totalmente pesimista.
Paréceme vergoñoso que sega habendo esta mentalidade actualmente. Por que aínda despois de tantos anos segue habendo unha situación como a que sufrimos actualmente e que demanda Fran Rei? Non vai sendo hora de que todos nos sintamos orgullosos da nosa lingua? Fagámos algo pola nosa lingua, cambiemos esta situación.

lunes, 23 de noviembre de 2009

The twilight saga: New Moon (EEUU, 2009)



A LOCURA DA "LUA NOVA"

A nova entrega da saga Crepúsculo tivo a terceira mellor apertura da película estreada o venres en España. O suxerente vampiro Edward Cullen (Robert Pattinson), a increíble Bella Swan (Kristen Stewart), e o atractivo Jacob Black (Taylor Lautner) clávase nos corazóns de millóns de persoas, cunha ensinanza acerca da sublimidade do amor na vida de cada ser humano.

Dous días antes que en EEUU a tuvimos nos cines españois. Luna Nueva xa foi vista por máis de 260.000 espectadores, equivalente á recaudación de 1.450.000 euros. Cifras que introducen a película na lista das de maior éxito tras Harry Potter, superando incluso á terceira de El Señor de los Anillos, El Retorno del Rey.
Robert Pattinson pasou de ser un personaxe secundario nos filmes de Harry Potter, a saltar á fama gracias o seu suxerente papel de Edward Cullen na saga de Crepúsculo, un home que se define como "apaixoado" pero "pouco romántico" e a pesar de que o seu presunto romance con Kristen Stewart (Bella), de tan só 19 años, teña enlouquecidos aos seus seguidores despois de que foran vistos collidos das mans cando ían subir a un jet privado no aeroporto Le Bourget para sair da Francia, é o trasfondo da historia que narra Stephenie Meyer nos seus libros (Crepúsculo, Lúa Nova, Eclipse e Amencer) o que nos interesa agora.
Unha saga capaz de manter en vilo ata a última páxina. En primeiro lugar, hai que ter a suficiente madurez como para encadrar a historia no que é: un conto, un conto de fantasía, e nada máis, e en segundo lugar, hai que sacar algunha conclusión intelixente do que durante un mes pode ser unho dos nosos mellores pasatempos: a beleza do amor na vida do home, o valor de cada pequeno detalle, a entrega hacia a persoa que se ama. O amor como unha das manifestacións máis esenciais do home que dà sentido á súa vida. O fin e ao cabo, todos desexamos ser amados.
Por certo, os tres protagonistas parecen ter invadido todas as revistas do mundo e é que os rostros de Robert, Kristen y Taylor encóntranse circulando nas edicións de novembro de, polo menos, sete revistas.

Artigo redactado por Paula Potrony

lunes, 16 de noviembre de 2009

Perdoa si te chamo amor.


Para comenzares este blog, vou empezar cunha entrada adicada a un libro que lin xa fai uns meses e que me cautivou desde o primeiro momento, Perdoa si te chamo amor. O seu autor é Federico Moccia, un escritor italiano moi coñecido polo público xuvenil posto que este libro estivo varios meses na lista dos máis vendidos.


Nel cóntase a historia de Niki, unha rapaza un tanto rebelde de 17 anos que se namora de Alessandro, un publicista vinte anos maior ca ela e cun proxecto de vida bastante diferente ao da rapaza. Tras unha serie de peripecias e tras superar todos os obstáculos sociais e naturais que impedían a súa relación, viven unha preciosa historia de amor ambientada nas rúas de Roma, o que engade á xa de por si edulcorada historia de amor unha dimensión máis romántica.


A través desta historia mostrasenos que o amor non ten idade, e que non importa o que pensen os demais porque cando dúas personas se queren, o resto non importa.

Así que vos recomendo esta lectura (obligatoria para todos aqueles que coma min amen as historias de amor) como un xeito de loitar polos vosos soños, e sobre todo nunca deixedes de soñar, nin sequera cando a sociedade vos rexeite chamandovos ilusos, porque como decía o escritor Paulo Coelho : "A posibilidade de realizar un soño é o que fai que a vida sexa interesante."

lunes, 9 de noviembre de 2009

INSTITUTO DE SADA , BENVIDOS

instituto sada en galego
Benvidos ó noso blogue, na cabeceira podes acceder ós contidos de actualidade e na columna da dereita ós contidos organizados por datas ou por temas.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Escribe en Instituto de Sada en Galego



Ola a todas e todos, veleiquí tedes o noso flamante e noviño do trinque bloque pola normalización, un espacio que se irá enchendo de noticias e colaboracións, moitas subidas pola vosa profesora blogueira pero moitas outras, e espero que sexan moitísimas, subidas polos xoves redactores do Isaac Diaz Pardo: Paula Potrony, Carlota Bao, Sabela Gende, Estela Suárez, Pablo del Río, Iago Monzo e Iago Teijeiro; eles contribuirán a que iste sexa un espacio que responda directamente ás nosas inquedanzas e intereses.
Pero os que estamos hoxe non imos ser os únicos, isto é só o equipo inicial, pois o blogue necesitará colaboradores que participen en temas concretos, fotos, axenda de Sada, entrevistas, música, deportes, literatura, teatro, saìdas culturais, noticias do instituto, festas, concursos e moitas outras seccións que iremos engadindo.
¿Como podo participar? Moi facil, enviando o teu artigo a bibliesada@gmail.com ou solicitando en este mesmo enderezo que queres ser redactor para poder subir directamente os teus artigos e fotos.
Xuntate a nos, mostra a o mundo as tua habilidades e o teu punto de vista.

sábado, 7 de noviembre de 2009

INSTITUTO DE SADA , BENVIDOS

instituto de sada
Benvidos a o noso blogue, na cabeceira podes acceder a os contidos de actualidade e na columna da dereita podes acceder a os contidos organizados por datas ou por temas.